Skip to Content

Selección de actividades.

FESTA FIN DE CURSO.

MEDIACIÓN 18-19.

GRAZAS  MEDIADORES  E  MEDIADORAS

POLA  LABOR  DESEMPEÑADA  DURANTE  ESTE  CURSO  2018-19!!

 

ANFITRIOAS DUNHA XORNADA MULTIDEPORTE

As alumnas e alumnos de Cuarto de Primaria recibimos as alumnas e alumnos dos colexios CEP de SABARÍS e do CEIP HUMBERTO JUANES para participar nunha xornada deportiva no noso cole.

Desfrutamos un montón de actividades de baile, orientación nas súas versións score e en liña, de atletismo, brilé, dez pases, baloncesto, hóckey e unha carreira "cross". Pero o principal foi compartir con compañeiras e compañeiros unha xornada deportiva estupenda.

Moitas grazas aos citados colexios por visitarnos agardamos que o pasarades tan ben coma nós.

Aquí vos deixamos unha montaxe con algúns dos mellores momentos.

 

VIAXE A BARCELONA.

O BOSQUE D@S NEN@S

O mércores 3 de abril as alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria acudimos a chamada da nosa benquerida Serra do Galiñeiro. Participamos dunha actividade proposta pola Comunidade de Montes de Vincios. Consistíu na plantación de 11 árbores autóctonas (Bidueiros e Freixos) coa finalidade de recuperar un terreo bautizado co nome de "O BOSQUE D@S NEN@S".

Estamos moi agradecidos por ternos dado esta posibilidade de axudar ao noso medio ambiente. O cambio climático combátese de preto.

Esta magnífica paraxe foi liberada dun total de máis de 2000 eucaliptos.

Animádevos a participar, so tedes que porvos en contacto cos amig@s de Vincios.

Se premedes na seguinte imaxe podeeredes ver un vídeo que da testemuño da nosa acción.

 

CROSS ESCOLAR 18-19

Noraboa a o noso alumnado  que participou no cross escolar celebrado en Baiona o domingo, 13 de xaneiro. Nunha mañá soleada e fría os nosos chicos e chicas alí estiveron facendo deporte e convivindo co alumnado de outros centros da contorna.

 Tedes a clasificación xeral nun arquivo adxunto.

VISITA DA FUNDACIÓN ISIDRE ESTEVE.

 O día 10 de decembro, dentro das actividades para conmemorar o DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, tivemos unha visita especial, ADRIÁN E BERTO, da FUNDACIÓN ISIDRE ESTEVE.

 

  

  

 

 MOITAS GRAZAS!!

 

 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

OS  NENOS  E  NENAS  DO  COLEXIO  AMOSAN  O  SEU  REXEITAMENTO  Á  VIOLENCIA  CONTRA  AS  MULLERES  A  TRAVÉS  DO  DEBUXO,  REPRESENTANDO  COMO  SE  SINTEN  AS MULLERES  QUE  SON  VÍCTIMAS  DE  MALTRATO.

 

 

VIAXE A PONTEVEDRA

As alumnas e alumnos de cuarto nivel de Primaria fixemos unha viaxe a Pontevedra o mércores 14 de novembro. Alí visitamos o museo de Pontevedra, o mercado e logo fixemos unha pequena camiñada que nos levou xunto ao famoso loro Ravachol.

No museo aprendemos un montón sobre as técnicas que utilizan as autoras e autores de obras de arte (figurativas, abstractas, variados xéneros,...) Fixemos de detectives da arte por un día tratando de responder a uns enigmas que nos propuxeron. Que ben o pasamos!!!

Logo fomos ao mercado onde se vende o peixe, carnes, froitas, verduras, flores... Aprendemos nomes de peixes que non coñeciamos.

Finalmente antes de volver para o cole visitamos ao famoso loro Ravachol e alí sacamos unha foto con el.

Se premedes na foto poderedes ver unha montaxe de vídeo que resume a nosa viaxe. Agardamos que vos guste. Un saúdo.

XOGOS DO CORPO HUMANO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut