En abril, libros mil e tamén o noso cuarto enigma. Xa tedes todo preparado na biblioteca para participar. Ánimo!!
Rematado marzo, aquí está a solución ó enigma Nº3 e a lista cos acertantes deste mes. Noraboa a tod@s!!!
LISTA DE ACERTANTES
En marzo, tocoulle a Rosalind Franklin, descubridora da importante Foto 51 sobre o ADN e como o seu descubrimento foi roubado.
UN MES, UNHA CIENTÍFICA
No proxecto deste ano de ciencia, pensamos que é importante resaltar o papel das mulleres ó longo da historia e recoñecer o que moitas veces foi silenciado.
En xaneiro, escollemos a biografía de dos importantes científicos: Marie Curie e Albert Einstein. Son os dous científicos que están no photocall do hall da entrada.
Esta é a solución ó segundo enigma científico deste curso.
E a continuación podedes ver no adxunto, os acertantes deste enigma. Noraboa e animádevos a participar no seguinte!
Xa estamos en febreiro. Deixámosvos aquí o segundo enigma científico para resolver. Sorte
Tedes na biblioteca o enigma, buscade a solución no libro que está na biblioteca ou nos expositores e deixade a resposta no buzón.
Aquí tedes a solución a este primeiro enigma científico do mes de xaneiro.
E no adxunto que vai a continuación, tedes a lista dos acertantes. Noraboa!!!!
Dende a biblioteca, propuxemos unha actividade onde todos os nenos trouxeron da súa casa unha lanterna e un conto, o seu favorito. Na biblioteca, fixemos lecturas a escuras alumeando só coas lanternas. Foi moi divertido.
O Samaín chegou con novas personaxes para quedar na nosa biblioteca. Durante estes días de medo, tivemos unha bruxa que nos presentou libros de meigallos e bruxas e ata tiña un gato que trouxo consellos moi importantes.
Como en anos anteriores, houbo sesión de contos de medo para todos os ciclos.
En infantil, Bea contou “O Grúfalo”, José Luis “El día que se comieron a Luis”; Belén “A casa da bruxa” e Stephanie “Go away , big green monster”
No 1º ciclo, Stephanie contou “Go away , big green monster”
No 2º ciclo fixeron varias lecturas de medo baixo unha grande sábana.
E no 3º ciclo, Nano contou “O cuarto prohibido”