E xa temos aquí as fotos da Primavera. Fermosísimas as vosas composicións. Por fin o calorciño.... aínda que o tempo estivo.... Pois iso de Primavera.
As alumnas e alumnos de Cuarto de Primaria queremos agradecer de novo a colaboración das familias neste noso Proxecto Meteoescola.
Xuño 2018
Chegou ó seu fin a "viaxe" dos libros de experimentos que os alumnos de cada curso , dende 6º de Infantil a 6º de Primaria, realizaron en familia. Esta actividade, iniciada a raíz do proxecto de centro deste curso " Síntome científic@", botouse a andar no mes de xaneiro e, ó longo deste tempo, foise nutrindo dos experimentos que realizaron na casa os alumnos coas súas familias. Quizáis algún non se decatou de que a proposta se facía en lingua galega, xa que este proxecto xurdiu coma unha actividade do Equipo de Dinamización Lingüística do centro, co obxectivo de concienciar de que en lingua galega tamén podemos facer pescuda e divulgación científica de igual xeito que en castelán ou en inglés.
Traballouse moito vocabulario en galego relacionado cos experimentos e a ciencia, ó tempo que os nenos e nenas desfrutaron da actividade nas súas casas.
Moitísimas grazas, familias, porque sen a vosa gran colaboración non se podería levar a cabo!!
E, malia que o libro rematou a súa andaina, así como tamén o curso escolar, non deixemos de "sentirnos científicos" e ... a seguir cos vosos experimentos nos longos días de verán!!
Por certo, para que lles sigades botando un ollo a todos os interesantes e magníficos traballos que realizastes, na biblioteca do centro atoparedes o libro viaxeiro de cada curso.
Maio 2018
Como ben sabedes, este ano está adicado a María Victoria Moreno. Ó longo das últimas semanas, alumnado e profesorado do centro, viñemos desenvolvendo diversas actividades relacionadas coa homenaxeada: lecturas, gravacións de vídeos, debuxos, preparación de murais, achega de información e recursos ó profesorado dende o EDLG, unidades didácticas, xogos en liña,etc.
Na semana das Letras Galegas, celebramos esta data coas seguintes actividades:
XOGOS COS ESCORNABOTS E MARÍA VICTORIA MORENO:
O EDLG elaborou cinco taboleiros para aprender sobre a biografía e a obra da autora: " Como se chama?"e " Na busca dos libros perdidos", para os máis pequenos, e" Atopa as obras de Mª Victoria Moreno", "Atopa a resposta" e "Identifica os autores", para os máis maiores. Organizámonos por quendas para xogar todos, Infantil a Primaria.
Cada taboleiro tén unha ficha explicativa da actividade nunha carpeta, así como o material necesario para desenvolver a actividade.
Previamente, os nenos puideron coñecer a Mª Victoria Moreno a través das actividades e xogos online publicados máis abaixo nesta páxina web do centro.
RECANTO INTERACTIVO DE Mª VICTORIA MORENO:
Coa colaboración do alumnado, fixemos un recanto sobre a autora nas
escaleiras do centro .
Neste recanto empregamos as tablets, nas que temos instalado Aurasma,
para aprendermos sobre a vida e obra de Mª Victoria con actividades de
realidade aumentada.
Temos que buscar os 9 carteis no recanto coa imaxe dun can: Alma, a cadela
de Mª Victoria. Se achegamos as tablets a eses carteis...maxia!!: vemos os
vídeos explicativos que gravamos cos alumnos:
Elixín ser galega (1º), Muller brava! (6º), Cando era nena (3º), Mar adiante
(5ºA), Leonardo e os fontaneiros (6º), Eu canto, ti cantas (Xa non teño medo (EI), Can
branco, can negro (1º), Un cachiño de bica (2º)), A brétema (5º B), A festa no faiado
(3º), E haberá tirón de orellas? (4º)
Abril, 2018
Xa preto o 17 de maio, Día das Letras Galegas, aquí deixamos unha man de recursos para ir mergullándonos na vida e na obra de María Victoria Moreno Márquez, profesora e escritora en galego a quen este ano se homenaxea.
Aínda que non era galega de nacemento, decidiu quedar a vivir en Pontevedra, onde daba clases no Instituto; axiña aprendeu a nosa lingua e converteuse nunha firme defensora do noso idioma.
"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza.
Se estou coa xente que amasa o meu pan
e mais colle no mar os peixes da miña mesa,
tamén quero falar con eles, falar a súa fala."
M.Victoria M.
|
|
FICHAS DESCARGABLES |
ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA APRENDER XOGANDO |
SEMINARIO GALÁN, con actividades en liña para todos os niveis
FICHA E OBRA, EN EDITORIAL GALAXIA
BIOGRAFÍA NA GALIPEDIA
E, como non, non deixedes de ler estes libros que atoparedes na biblioteca
![]() |
![]() |
|
|
Febreiro 2018
Estes son os experimentos que chegaron ó colexio durante o mes de febreiro, no libro "Síntome científic@: experimentos viaxeiros".
Noraboa, familias, polos interesantes experimentos que estades a realizar na casa cos vosos fillos. Realmente, están a aprender moitísimo, ó tempo que disfrutan, séntense motivados e comparten descubrimentos cos compañeiros da clase.
Grazas, familias, e... a seguir investigando!
Febreiro 2018
Hoxe, 23 de febreiro, celebramos no centro o Día de Rosalía de Castro. Os alumnos de Primaria intercambiáronse un dobre agasallo: unha rosa e un poema de Rosalía. Os cativos de Infantil fixeron unha preciosa rosa que levaron para agasallar as súas familias.
Outubro 2017
Os días 30 e 31 as terroríficas cabazas do Samaín apoderánronse por completo do noso centro. Aquí vos amosamos a exposición de cabazas, a cal formou parte da programación de actividades que se desenvolveron no centro para celebrar esta data.
Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!
Maio 2017
Ademais de diversas actividades realizadas na aula....