Skip to Content

Biblioteca

O BARDO ABELARDO

O 5 DE MAIO TIVEMOS A VISITA DE "O BARDO ABELARDO", ACTIVIDADE OFRECIDA POR CONSORCIO EDITORIAL. 

A SÚA PROPOSTA FOI SOBRE A OBRA DE CARLOS CASARES. ACOMPAÑADO DA SÚA CONCERTINA, CONTOU E CANTOU, OBRAS DO AUTOR DESTE ANO DAS LETRAS GALEGAS. 

 

LENDO A CARLOS CASARES

Na semana do 24 ó 28 de abril, aproveitando que seguimos coa celebración do día do libro, os nen@s de 5º foron a todas as aulas na hora de ler, para contar as historias de Carlos Casares. Deste xeito, "A galiña azul", "Un polbo xigante", "Lolo anda en bicicleta" e as historias de "Toribio"... percorreron todo o cole e tod@s gozamos delas.

Grazas ó alumnado de 5º por participar. 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

DÍA DO LIBRO 2017

Para celebrar o día do libro, fixemos unha actividade de "Apadriñamentos lectores", onde os nen@s de 4º,5º e 6º leron contos os nen@s de infantil, 1º, 2º e 3º . O día acompañounos, asique puidemos facer a actividade, repartidos polo cole. Grazas a todos, madriñas/padriños e afillad@s.

 

PRESENTACIÓN NOVIDADES

O 6 E 7 DE MARZO FIXEMOS A PRESENTACIÓN DAS NOVIDADES NA BIBLIOTECA. ESTABAN TODOS OS LIBROS NOVOS EXPOSTOS PARA QUE PROFESORADO E ALUMNADO OS COÑECERAN E A PARTIR DE AHORA, LEVAR EN PRÉSTAMO.

FOMOS Á BIBLIOTECA POR QUENDAS, RECORDAMOS ALGUNHAS NORMAS CUNHA PRESENTACIÓN, VIMOS UN VÍDEO EXPLICATIVO DE TODOO NOVO QUE HABÍA, FIXEMOS ALGUNHA RECOMENDACIÓN, CONTACONTOS E OLLAMOS CON CALMA TODO. QUE GANAS DE LEVALOS PARA A CASA!!!

 

Así quedou a biblioteca para a chegada dos rapaces

 

 
Mirade como gozaron os de infantil
 
 
Quenda para o 1º ciclo
 
Aí van os de 3º e 4º 
 
 

E por suposto, os maiores, o 3º ciclo
 

Recomendacións lectoras 1º trimestre

Xa están aquí as vacacións de Nadal e con elas as primeiras recomendacións lectoras do curso. Son libros para pedir, regalar ou autoregalar e para toda a familia. Bo Nadal lector a todos e o ano que vén, 2017, máis e mellores libros. 

Dende a Biblioteca do Ceip Souto Donas, recomendámosvos:

 

RELATOS DE MEDO 2016

XA ESTÁN AQUÍ OS RELATOS E ILUSTRACIÓNS DE MEDO QUE FIXERON OS VOLUNTARIOS  DO NOSO COLE. PODEDES VELOS E LELOS AQUÍ 

 

 

SAMAÍN 2016

Un ano máis chegou esta festa terrorífica con cabazas terroríficas e contos de medo. Contos que non son tal, pois sempre nos arrincan un sorriso. 

Este ano, en infantil os profes e Eric, o noso auxiliar de conversa, contaron "Cocorico", "Fiz, o coleccionista de medos", "Tío Lobo" e "Run, pumpkin run"

Para os nenos de 1º e 2º, "A min non me comas" e "Tío Lobo".

Foi unha xornada de festa pero de meeedooo...

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

En outubro, empezaron a viaxar as mochilas viaxeiras e nas casas xa as estaban esperando. Fixemos unha exposición no cole cos cadernos de anos anteriores para que toda a comunidade educativa puidera ver o traballo feito. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut