Normalización

REGUEIFAS

Maio 2017

Nos vindeiros días teremos un concerto didáctico no que a protagonista é unha regueifeira que emprenderá unha viaxe arredor do mundo na procura de palabras e historias novas para as súas regueifas... Sabedes o que é unha regueifa? Pica na palabra para ver algunha.

 

REGUEIFA

 

REGUEIFA-RAP

 

QUÉ É UNHA REGUEIFA?

 

 

Escoita aquí algunhas das músicas do concerto didáctico

 

"ARTE NO OUTONO"

 Outubro 2016

Comezamos un novo curso escolar. Hai uns días, con motivo da chegada do outono e a proximidade da tradicional celebración do magosto, enviamos unha nota ás familias animando  a realizar na casa, cos fillos, algunha manualidade con castañas e outros froitos do outono. A resposta foi abraiante. 

Preciosas bonecas feitas con espigas de millo e follato, como facían antigamente as avoas ou bisavoas, muiños e "supercoches", ourizos, móbiles, meiguiñas, paisaxes outonais,... incrible tanta creatividade!! .

Moitas grazas, familias, polo voso esforzo, tanta participación e derroche de imaxinación. 

Aquí vos deixamos as imaxes.

 

 

 
 
 
RECURSOS PARA TRABALLAR O OUTONO

  • Deixamos aquí dous Lims para traballar en liña sobre o outono. Clicade nas imaxes.
 
                                                     
 Da EEI Samieira para os máis pequenos                       Do CEIP Frián Teis para os máis maiores                         OS froitos do outono do CEIP                         de Pazos
 
 

BANDA XUVENIL DE VINCIOS

Xuño 2016

Este luns 6 de xuño contamos cun concerto didáctico para todos os alumnos do centro por parte da Banda Xuvenil de Vincios.

 

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Maio 2016

Hoxe, 20 de maio, co gallo da celebración das Letras Galegas, tivemos no centro a César, coñecido polo nome artístico de Cé Orquestra Pantasma. Imposible non mover os pés ó ritmo dos instrumentos deste gran músico! Tróuxonos un amplo repertorio de cantigas, ás que se sumaron tamén poemas musicados de Manuel María ou Rosalía de Castro. En breve vos deixaremos algunha imaxe.

 



ACTIVIDADES ARREDOR DE MANUEL MARÍA

Maio 2016

Moitas son as actividades que, dende comezos de curso, se veñen desenvolvendo no centro arredor de Manuel María. Traballamos os poemas Galiza (plasmado nas escaleiras do centro e que podedes ver nesta páxina) e O cuco, relacionado coa actividade "Onde oí o cuco" (tamén máis abaixo), gravamos os nenos recitando, asistimos a concertos, cantamos poemas musicados,... Aquí vai unha mostra da nosa homenaxe.

 

 

Recitando a Manuel María

Aquí deixamos os vídeos gravados no cole, onde nenos e nenas dende Infantil a sexto recitan ó noso poeta Manuel María. Moi ben, rapaces!!

 

 

 

 

 

Manuel María visto polos nenos

Tamén nos atrevemos a debuxalo coas súas mellores galas en 2º.

 



 
 
 
Recanto de paxaros e recanto de Manuel María
 
 
Nove son os poemas que Manuel Mª adica a estes paxaros en Os soños na gaiola .
En cada aula escribiron un poema, que colocamos no recanto ó lado da imaxe correspondente . Esta actividade deunos pé a coñecer un pouco máis as aves da nosa contorna.    Tamén creamos un espazo adicado a Manuel María.
 
 
 
 
 
 
 
Poema O caracol
 
Realizamos un caligrama formando un gran caracol: " Caracol, col, col/ caracol, caracoleiro./ Pon os teus cornos ó sol / xa que es tan frioleiro...."; e aprendemos o poema, que tanto nos gusta. 
 
 
   
 
 
Concerto no Auditorio Lois Tobío: "Canta o cuco" de Uxía Senlle e Magín Blanco
 
Participaron nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 6º neste espectáculo marabilloso organizado por Ponte nas Ondas, onde Uxía e Magín, despregaron para os nenos e nenas o seu repertorio de poemas musicados de Manuel María recollidos no libro CD Canta o cuco.
 
 
 
 
Aproveitando a xuntanza de nenos e nenas de distintos colexios  con motivo da actividade anual de Espazo Lectura para os centros de ensino, o alumnado de Infantil cantou no parque da Coelleira a cantiga "O caracol", do poema de Manuel María.
 
 
 
 
 
O cuco
 
 

 

ONDE OÍN O CUCO

Abril 2016

Alumnos e familias estivestes ben atentos á chegada do cuco esta primavera. Bo traballo! Aproveitamos para estudar un pouco de xeografía do noso concello e situar o canto do paxaro nas diferentes parroquias. Se picades no mapa de Gondomar, veredes os vídeos de nenos e nenas de Infantil e Primaria que escoitaron o cuco neste mes de abril ( algún incluso no mes de marzo, na zona de San Cibrán). 

 

 

O cuco
 
Canta, cuco, ou cala, cuco:
eu en ti xa non che creo
desde que sei que vas poñer
o teu ovo en niño alleo.
 
Desdeixado e preguiceiro,
tan só pensas en folgar.
¡Soamente dis dúas notas
e xa tes que descansar!
 
¡Canta, cuco, ou cala, cuco,
preguiceiro, nugallón:
a min pouco che me importa
que esteas cantando ou non!
 

       Manuel María: Os soños na gaiola 

 

MANUEL MARÍA: LETRAS GALEGAS 2016

Abril 2016

BIOGRAFÍA 

Eu son de Outeiro de Rei,

viliña da Terra Chá,

onde aprendín a viver

e a soñar en libertá. (...) 

Vivín en Lugo algúns anos,

conseguín ser bachiller

e gastei a adolescencia

en troulear e escriber.

En Lugo atopei, pra sempre,

o meu amor, que é Saleta:

¡conmigo a vida non puido

ser máis xentil e perfecta! 

Casamos. Quixo o destino

-ou cecais a nosa sorte-

que levemos moitos anos

con residencia en Monforte. 

Nós sempre fomos galegos

sinxelos e verdadeiros,

soñadores, trotamundos,

editores e libreiros... 

Profesión...¡ procurador !

Ando a exercer como tal

pro sempre usei ese oficio

dun xeito limpo e cabal. (...) 

      Os soños na gaiola (1968)

 

  • Aquí deixamos este enlace a Seminario Galán para ir traballando en Infantil e Primaria sobre o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas 2016. Contades con unidades didácticas para imprimir e en liña para todos os niveis, fotobiografía, LIMS para EI e EP,...

 

 

         Para atallar, aquí están as actividades por cursos:

   E.I 1                   E.I. 2                     E.I. 3                 1º e 2º E.P.            3º e 4º E.P.              5º e 6º E.P.

                                                                                        

 

  • Na páxina da Casa Museo Manuel María poderedes atopar numerosos recursos, tales como poemas ( O caracol, Galiza, O cuco,...) musicados por distintos artistas, entre eles, Suso Vaamonde ou Fuxan os ventos. Premede en audio.

 

 

  • Non esquezades que contamos na Biblioteca do centro con varios libros cos que poderemos coñecer a obra de Manuel María. Entre eles figura Canta o cuco, coa marabillosa música de Uxía e Magín Blanco.

                           

 

  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística pón á nosa disposición un espazo web con materiais e recursos didácticos para afondar na figura de Manuel María:

 http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas 

                

 

O CANTO DO CUCO

Abril 2016

 

Dende o EDLG andamos argallando unha actividade sobre un peculiar veciño que nos visita todas as primaveras: o cuco. O alumnado levou para a casa unha pequena ficha para un sinxelo traballo de campo, onde terá que anotar QUEN, ONDE e CANDO oíu o cuco cantar (se é que se deixa escoitar estes días). Logo de recollida a información, identificaremos o lugar nun mapa do concello de Gondomar, con todas as súas parroquias, situado na entrada do centro. Tamén se poden recoller gravacións e traelas a clase.

Para que o poidamos recoñecer facilmente, e non o confundamos con outros paxaros da contorna, aquí  deixamos o seu canto:

 

 

E para que coñezades os paxaros que nos rodean, preme no paporrubio e na bubela  para acceder a uns preciosos LIMs sobre os paxaros de Galicia.

 

 

 

MANUEL MARÍA

Marzo 2016

O Día das Letras Galegas será adicado este ano 2016 a Manuel María. Todas as aulas de Infantil e Primaria participaron na realización desta fermosa actividade no centro, onde se poden ler os versos das dúas últimas estrofas do poema " Galicia", de Os soños na gaiola.

 

                               

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Febreiro 2016
 
Celebramos o Día de Rosalía dun xeito moi especial: agasallándonos con versos da autora. Cada neno trouxo escrito da casa unha estrofa ou un poema de Rosalía, acompañado do seu debuxo. Logo no cole, se lles puxo lazo, preparáronse por clases e o día 24 fixemos intercambio de agasallos por cursos, de primeiro a sexto. A verdade que houbo moita emoción!
Tamén realizamos para este día un mural ó estilo Pop Art de Andy Warhold, onde participaron nenos de 4º e de Infantil.
 
 
Distribuir contido