Biblioteca

PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA

QUERES COÑECER A NOSA BIBLIOTECA? ENTRA E MIRA

 

OS MÚSICOS DO VAL MIÑOR

PARA ACHEGAR O DÍA A DÍA DOS NEN@S CON DISCAPACIDADE ÓS NOSOS ALUMN@S, FIXEMOS VARIAS ACTIVIDADES AO REDOR DO DÍA DA DISCAPACIDADE. 

OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA VIRON A PELÍCULA "YO SOY SAM" E PARA OS DE INFANTIL, CONVIDAMOS ÓS NEN@S DO COLEXIO JUAN MARÍA DE NIGRÁN. HAI UNS ANOS, CREARON UN LIBRO "OS MÚSICOS DO VAL MIÑOR", CON ILUSTRACIÓNS, TEXTOS, MÚSICA E VOCES DE TODOS ELES. VIÑERON ALGÚNS DESES ALUMNOS E ALGUNHAS PROFES, CONTÁRONNOS O CONTO (TAMÉN EN LINGUAXE DE SIGNOS), TOCARON PARA NÓS E DEIXARON QUE MONTARAMOS NO SEU TREN E TOCARAMOS OS SEUS INSTRUMENTOS. 

MOITAS GRAZAS POR VIR E COMPARTIR AS VOSAS EXPERIENCIAS CON NÓS!

 

MAMÁ CABRA E RAQUEL QUEIZÁN

EN NOVEMBRO, ESPAZO LECTURA CONVIDOU ÓS COLES A UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA. UN CONCERTO DE MAMÁ CABRA NO AUDITORIO DE GONDOMAR E UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DE RAQUEL QUEIZÁN NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. 

TOCOULLE ÓS NEN@S DE INFANTIL DO NOSO COLE IR Á GONDOMAR. APRENDERON UN MONTÓN DE CANCIÓNS E VIÑERON ENCANTADOS COS CONTOS DE RAQUEL QUEIZÁN. 

 

PRESENTACIÓN NOVIDADES 2015/16

POR FIN CHEGARON OS LIBROS NOVOS!!! SEMPRE ESTAMOS AGARDANDO POLAS NOVIDADES, POIS SEGURO QUE TRAEN AVENTURAS NOVAS, MISTERIOS  E VIAXES ALUCINANTES. 

FIXEMOS A PRESENTACIÓN DAS NOVIDADES POR CICLOS. EN CADA UN DELES, CONTAMOS ALGÚN CONTO, PRESENTOUSE ALGÚN LIBRO OU COLECCIÓN E, POR SUPOSTO, HOUBO TEMPO PARA BOTARLLES UN OLLO. AS PROFES DE INGLÉS, CRISTINA E MARINA, PRESENTARONLLES A TODOS OS CICLOS AS NOVIDADES EN INGLÉS.

APROVEITAMOS O DÍA DE ROSALÍA, PARA FACER ESTA PRESENTACIÓN E ASÍ, DE PASO, LER ALGO DE POESÍA. 

 

SAMAÍN 2015

COMO TODOS OS ANOS, CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE. OS NEN@S DE INFANTIL, TROUXERON UNHA CABAZA QUE BALEIRARON NAS AULAS E OS NEN@S DE PRIMARIA XA A TROUXERON PREPARADA DA CASA. DABA MEDO VELAS. 

O DÍA DO SAMAÍN, HOUBO UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO. ESTE ANO, APROVEITAMOS QUE ESTÁ CON NÓS ETHAM, AUXILIAR DE CONVERSA EN INGLÉS E CONTOUNOS UN CLÁSICO NESE IDIOMA: "RUN PUMPKIN RUN". OS OUTROS CONTOS DE MEDO FORON: "UN PESADELO NO MEU ARMARIO", "LOBOFEROZ", "O SOUTO ESCURO E PERIGOSO"

 

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2015/16

PARA INAUGURAR A BIBLIOTECA ESTE CURSO, FIXEMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS E TAMÉN RECORDAMOS AS NORMAS. VIMOS QUE SE ESTABAN FACENDO MAL ALGUNHAS COUSAS, ASIQUE OS ALUMN@S DE 6º FORON REUNINDO A TOD@ OS NEN@S DO COLE NA BIBLIOTECA E ENSINÁRONNOS UNHA PRESENTACIÓN PARA COIDAR O ESPAZO, O MOBILIARIO E, POR SUPOSTO, OS LIBROS. 

 

 


Distribuir contido