Biblioteca

SAMAÍN 2014

ESTES SON OS LIBROS QUE CONTAMOS NO SAMAÍN. CÓLLEOS E DIVÍRTETE

OS TRES BANDIDOS. KALANDRAKA

OS SETE CABRITOS. OQO

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS. OQO

CARABUÑAS. OQO

THE LITTLE WHITE RABITT. KALANDRAKA

O CUARTO PROHIBIDO. OQO

LA PELUSA ASESINA. EDITORIAL THULE

 

 

 

 

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

OS LIBROS EN GALEGO ESTÁN DE NORABOA. DOUS CONTOS, "GALIÑO PELADO" DA EDITORIAL OQO E "NICOMEDES O PELADO" DE PINTO&CHINTO DA EDITORIAL KALANDRAKA, ACABAN DE SER RECOÑECIDOS ENTRE OS 200 TÍTULOS DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PUBLICADOS EN TODO O MUNDO. O CATÁLOGO VAISE PRESENTAR NA FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO DE FRANKFURT. AÍNDA NON OS COÑECES? XA OS TEMOS NA BIBLIOTECA E PODEDES COLLELOS PARA GOZAR COA HISTORIA E AS ILUSTRACIÓNS DOS DOUS CONTOS. 
 

SAMAÍN 2014

XA CHEGOU A ÉPOCA DO ANO ONDE PASAMOS MOITO MEDO: O SAMÁIN. ESTE ANO CHEGOU CON MOITAS CABAZAS E HISTORIAS DE MEDO. OS NENOS/AS DE INFANTIL ESCOITARON CONTOS DE MEDO , "OS SETE CABRITOS", "CARABUÑAS","OS TRES BANDIDOS", "A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS" E "THE LITTLE WHITE RABBIT" NAS VOCES DE BEA, CRISTINA, BELÉN, JOSÉ LUIS E MARINA; OS NENOS/AS DO 1º CICLO, PASÁRONO DE MEDO CO CONTO "LA PELUSA ASESINA" QUE CONTOU EVA; OS NENOS/AS DE 2º E 3º CICLO GOZARON COAS COMPAÑEIRAS DE 5º, SARA AYUSO, SARA FERNÁNDEZ,MABEL,XELA,ANDREA ÁLVAREZ, ANDREA E SOFÍA QUE CONTARON E ESCENIFICARON "O CUARTO PROHIBIDO". MOITAS GRAZAS AOS PROFES E AS ALUMNAS POR FACERNOS PASAR TANTO MEDO!!!

 

 


DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

ESTE ANO NO DÍA DO LIBRO, NO CEIP SOUTO DONAS, LEMOS O CONTO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS. QUERES COÑECELO? NA BIBLIOTECA TEMOS VARIAS EDICIÓNS QUE TE LEVARÁN DIRECTAMENTE A UN PAÍS FANTÁSTICO CON PERSONAXES TAMÉN FANTÁSTICOS. E SE CHE GUSTA O CINE, PODES VER A PELÍCULA DO DIRECTOR TIM BURTON. DIVERSIÓN ASEGURADA!!

BOLETÍN RECOMENDACIÓNS 2º TRIMESTRE

COINCIDINDO CO 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA, APROVEITAMOS PARA FACER UNHAS RECOMENDACIÓNS POÉTICAS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!

 

ROSALÍA DE CASTRO

PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, PROPONÉMOSCHE: 

ALBORADA POÉTICA

O 24 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO DUN XEITO MOI ESPECIAL.VIÑERON Ó NOSO COLE "AS CANTAREIRAS DE CHAÍN" CAROLINA, RUTH, CLAUDIA E SARA QUE SON ALUMNAS DO NOSO COLE,FÁTIMA E IRENE. CONTARON, CANTARON, RECITARON... POEMAS E ACERCÁRONNOS UN POUCO MÁIS A ESTA GRAN POETA. CANTÁRONNOS ALGUNHA CANCIÓN DO LIBRO "ROSALÍA PEQUENIÑA". IRENE É A ILUSTRADORA DO LIBRO ALBORADA QUE NOLO RECITOU, CANTOU COMO RAP, ROCK... E DESPOIS, AS CANTAREIRAS CANTARON O POEMA DE XEITO TRADICIONAL. 

MOITAS GRAZAS POR VIR!!!


 

 

NELSON MANDELA

 

O 30 DE XANEIRO, CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E NON VIOLENCIA. TRABALLAMOS SOBRE A FIGURA DE NELSON MANDELA. NESTA BIOGRAFÍA, PODES ATOPAR INFORMACIÓN DA SÚA VIDA. XA O TEMOS NA BIBLIOTECA PARA OS QUE O QUEIRADES VER. 

 

Distribuir contido