Skip to Content

Selección actividades.

ALMORZAMOS SAUDABLEMENTE NO COLEXIO.

O martes, 12 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º participamos nunha actividade, en colaboración coa Consellería de Sanidade, titulada “Almorzos saudables” co obxectivo de aprender bos hábitos con relación ás comidas.

 

Explicáronnos a importancia de tomar un bo almorzo e logo o preparamos e tomamos no cole.

 

Tomamos, lácteos, mel, froitos secos, embutido,...

 

 

Chegamos á clase con moita enerxía!!

 

SAÍDA AO MUSEO MASSÓ E A COSTA DA VELA

As alumnas e alumnos de 3º e 4º nivel fixemos unha visita ao museo Massó en Bueu e á Costa da Vela o xoves 17 de marzo. Aproximadamente ás 10:15 da mañá chegamos a Bueu onde visitamos o museo Massó onde puidemos gozar das magníficas coleccións de libros, instrumentos de navegación e maquetas que se conservan grazas aos irmáns Massó. Noutra sala fixemos un paseo pola antiga conserveira, vimos os aparellos que se empregaban para enlatar o peixe.

Logo o autobús levounos cara a Costa da Vela e de camiño puidemos observar con detalle o cruceiro de Hío, sen dúbida o máis importante e elaborado dos cruceiros galegos. Chegamos á Costa da Vela onde tomamos a merenda da mañá e demos un paseo cara o monte do Facho gozando das impresionantes imaxes dos cantís sobre o Atlántico, apenas a 3 quilómetros das Illas Cíes.

 

Xa se nos achegaba a hora da volta para o cole despois dun bo lote de novas experiencias.

 

MONDRIAN con amor

Febreiro 2016

Por San Valentín os alumnos de 1º e 2º pintaron corazóns. Primeiramente, vimos na clase varias obras de Mondrian. Observamos que só empregaba as tres cores primarias, ademais do branco e o negro, así como que utilizaba líneas rectas verticais e horizontais entrecruzadas, o que dá unha gran beleza e sensación de orde e equilibrio ós seus cadros. Despois disto, intentamos imitalo. 

       

Obradoiro Globos

Obradoiro Danzas

Distribuir contido


by Dr. Radut