Normalización

DÍA DAS LETRAS GALEGAS COS TERRIBLES DE DONAS

Maio de 2015

Ó longo dos últimos días, co gallo da celebración das Letras Galegas, tivemos no centro diversas actividades. Traballamos nas aulas a figura de Xosé Fernando Filgueira Valverde a través de unidades didácticas, así como actividades en liña (Lims, xogos, presentación creada polo alumnado de 6º, etc.) publicados nesta páxina web. Creamos un recanto nas escaleiras do centro, onde se visualizan as distintas facetas deste escritor, profesor, historiador,..., e onde os nenos e nenas pintaron a figura de Filgueira Valverde. Así mesmo, todos os alumnos do centro ilustraron relatos e poemas deste autor, dos cales fixemos a súa exposición. E non esquezamos que os nenos e nenas de Primaria escribiron relatos de medo, cos que participamos nun concurso do Museo Liste.

Tras o concerto de Lydia Botana, tivemos a sorte de ter con nós os TERRIBLES DE DONAS. E vaia se son terribles! Fixéronnos cantar e bailar ó son dos seus instrumentos, ensináronnos os seus nomes e o material do que estaban feitos e , como non, tamén nos deron mostra de toda a súa contaxiosa alegría, enerxía e sentido do humor. Moitas grazas Manolo, Suso e Xaime! Moitas grazas tamén, gaiteiras!

Como ben sabedes, este grupo da nosa parroquia está a celebrar o seu 75 aniversario, pois foi creado alá polo 1939. Suso e Manolo son fillos dun dos seus fundadores. Agradecémoslles enormemente que sigan a manter viva a tradición musical do Val Miñor, que forma parte do noso Patrimonio Inmaterial.

Con moitísimo cariño...parabéns!! E que a música siga!!

 

 

 

 

 

UN CONTO DE MEDO NOS TEMPOS DE ANTES

 

 Co gallo das Letras Galegas, foron moitos os nenos de Primaria que escribiron relatos de medo. Enviámolos ó  museo Liste para participar no concurso  " Un conto de medo nos tempos de antes" e.... dous relatos do noso centro saíron premiados!!

Foron os de: Clara de 1º, con " O camiño do muíño" e Lía de 3º, con  " O conto do meu avó Pepe".

Noraboa ás dúas!!

 

 

 

 

FILGUEIRA VALVERDE: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Maio 2015

 

Para unha  aproximación ó homenaxeado deste ano nas Letras Galegas, aquí deixamos os seguintes enlaces:

 

 Para saber sobre a súa biografía, obra,.. 

Preme na imaxe

 

 

 

 

Actividades en liña para Infantil e Primaria,

unidades didácticas para imprimir

e álbum fotográfico ( en Seminario Galán).

Preme na imaxe

 

 

 

 

 

 

Xogamos con Filgueira Valverde

Preme na imaxe

 

 

 

 

 Presentación realizada polo noso alumnado sobre Filgueira Valverde

 

 

Recanto que creamos no centro destacando as súas múltiples facetas

 

 

 

 

 

EN GALEGO POLO MUNDO...

O alumnado de 6º realizou un traballo de grupo sobre este proxecto.

 

 

 

ÁRBORE DOS PROVERBIOS

Dende o EDLG realizamos un traballo de busca, selección e tradución de ditos e proverbios propios de catro países: Brasil, Etiopía, India e China.  Sobre estes países xira o proxecto de centro "Nenos e nenas do mundo ".

Cada aula escribiu dous proverbios nunhas follas, coas cales creamos unha gran árbore.

 

 
 
 

EN GALEGO POLO MUNDO

Como puidemos ler e escoitar nos medios de comunicación nos últimos días, a aprendizaxe da lingua portuguesa vai ser implantada progresivamente nos centros educativos a partir do vindeiro curso.

Previamente a esta nova, no noso centro, en relación co proxecto " Nenos e nenas do mundo", quixemos deixar reflictido dende o EDLG aqueles lugares do mundo onde se comunican en linguas lusófonas, é dicir, onde se fala o portugués. 

Un dos obxectivos da actividade foi o de valorar a lingua propia: grazas a que o galego é intercomprensible co portugués, a lingua galega ten dimensión internacional. Temos a gran vantaxe de poder entendernos con máis de 250 millóns de persoas de distintos países do mundo onde se falan linguas lusófonas.

Todo isto quedou plasmado nun pequeno proxecto exposto nun recanto do colexio:

"EN GALEGO POLO MUNDO"

 

 

 

 

 

FLORES NO DÍA DE ROSALÍA

Conmemoramos este día con actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. Ademais de ilustrar todos en cada clase un poema de Rosalía de Castro, lemos Alborada e escoitamos Alborada para Rosalía, de Carlos Núñez. Finalmente, realizamos en papel un "agasallo": unhas coloridas flores de papel que levaban escritos os primeiros versos do poema.

 

 

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Como a literatura e a música son creacións artísticas que van da man, e como este curso no proxecto de centro estamos a traballar sobre outras culturas e países do mundo  (entre eles Brasil),  queremos celebrar o Día de Rosalía con esta Alborada de Rosalía, do álbum Alborada do Brasil de Carlos Núñez.

Este álbum é unha viaxe na busca das conexións musicais entre Galicia e Brasil a través dunha serie de cancións, entre as que figura esta composición. Parece ser que a música celta, ó igual que a lingua galego-portuguesa, chegou a Brasil cos descubridores e que na primeira carta escrita dende Brasil ó rei de Portugal, cóntase que o primeiro instrumento europeo que soou para os indíxenas brasileiros foi... a gaita galega!

Rememoremos tamén, máis abaixo, o poema de Rosalía.

 

 

 

ALBORADA. ROSALÍA DE CASTRO

 

I
Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

II

Branca auro-
ra—ven chegan-
do,—i ás porti-
ñas—vai chaman-
do—dos que dor-
men—esperan-
do—¡o teu folgor...!

Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños
cariñosa,
donde o sol
tamén suspende,
cando aló
no mar se tende,
de fogax
larada viva,
dempois leve,
fuxitiva,
triste, vago
resprandor.


Cantor
dos aires,
paxariño alegre,
canta,
canta porque o millo medre;
cantor
da aurora,
alegre namorado,
ás meniñas dille
que xa sal o sol dourado;

que o gaiteiro,
ben lavado,
ben vestido,
ben peitado,
da gaitiña
acompañado
¡á porta está...!
¡Xa...!

Se espricando
que te esprica,
repinica,
repinica
na alborada
ben amada
das meniñas
cantadeiras,
bailadoras,
rebuldeiras;
das velliñas
alegriñas;
das que saben
ben ruar.

¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar!
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad,
que atru-
xaremos—cantaremos o ala... ...!

 

 

 

 

 

 

 

O ENTROIDO XA ESTÁ Á PORTA

Ollo! Estade ben atentos ás mandas do Meco para esta semana!

Para sabermos máis sobre o Entroido en Galicia, rescatamos aquí unha fantástica presentación elaborada polo noso alumnado o curso pasado. 

 

 

 
 
Premendo na careta, poderemos estar moi ó día sobre esta festa:
 
Clicade nas imaxes para facer uns LIMs sobre o entroido:
 
 
(Os "Merdeiros" de Vigo, unha máscara que se está a tratar de recuperar) 
 
 
 
 
 
 
 

CHEGA O NADAL E AÍ VÉN O APALPADOR!

Decembro 2014

Quen é O Apalpador? Aprendamos un pouco sobre este personaxe. Aquí deixamos un enlace. Preme na imaxe

 

 

* E agora atrévete cun XOGO DE PREGUNTAS. Clica aquí. 

 

* Tamén podes realizar este LIM premendo aquí.

 

* Ademais deixamos unha magnífica unidade didáctica elaborada polo CEIP Ponte dos              Brozos sobre a figura do Apalpador. Clica na imaxe:     

Distribuir contido