MAGOSTO E SAMAÍN 2018

O outono xa está aquí,

veñen aí Magosto e Samaín.

Se queres pasalo ben e aprender,

xogos e actividades aquí tes...

... para parar un tren!!!

 

 

 

Rap do Magosto - Brinca Vai! Paco Nogueiras

Castaña, castaña, do chan se apaña, 
Metida no ourizo non é una “patraña”.
Magosto, magosto, non vaias co posto
Lava castañas e alegra ese corpo.

Coidado cos dedos, pódeste picar, 
O castiñeiro protexe o seu froito vital.
Apañando con tino metendo nun cesto, 
Deixando secar a castaña ao solleiro.


Despois de ben secas, mételle o dente, 
Ponas ao lume para que estean ben quentes.
Despois dun tempiño están preparadas
Comemos castañas, castañas asadas.


Tamén é costume furar a tixola
Para asar as castañas. A tixola mola!
Hai outros que queren facelas cocidas, 
Fiúncho e cachelos, castañas fervidas.


Non hai desperdicio, non perdas o tempo, 
Tan só hai que poñer en bo uso o peteiro.
Deixádeme agora que convide eu.
Castañas, castañas, non sexas baldreu!

(Retrouso)

 

 

DO SAMAÍN AO HALLOWEEN

PARA SABER MÁIS SOBRE AS ORIXES DO SAMAÍN

 

CANTA NO SAMAÍN

 

UNIDADES DIDÁCTICAS

 

AdxuntoTamaño
PRESENTACION en galego SAMAIN- HALLOWEEN-DÍA DE MORTOS.pdf1.74 MB