CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

 Maio 2018

Como ben sabedes, este ano está adicado a María Victoria Moreno. Ó longo das últimas semanas, alumnado e profesorado do centro, viñemos desenvolvendo diversas actividades relacionadas coa homenaxeada: lecturas, gravacións de vídeos, debuxos, preparación de murais, achega de información e recursos ó profesorado dende o EDLG, unidades didácticas, xogos en liña,etc.

Na semana das Letras Galegas, celebramos esta data coas seguintes actividades:

 

 XOGOS COS ESCORNABOTS E MARÍA VICTORIA MORENO:

O EDLG elaborou cinco taboleiros para aprender sobre a biografía e a obra da autora:  " Como se chama?"e " Na busca dos libros perdidos", para os máis pequenos, e" Atopa as obras de Mª Victoria Moreno", "Atopa a resposta" e "Identifica os autores", para os máis maiores. Organizámonos por quendas para xogar todos,  Infantil a Primaria.

Cada taboleiro tén unha ficha explicativa da actividade nunha carpeta, así como o material necesario para desenvolver a actividade.

Previamente, os nenos puideron  coñecer a Mª Victoria Moreno  a través das actividades e xogos online publicados máis abaixo nesta páxina web do centro. 

 

 


                                 
 
 

RECANTO INTERACTIVO DE Mª VICTORIA MORENO:

 

Coa colaboración do alumnado, fixemos un recanto sobre a autora nas

escaleiras do centro .

Neste recanto empregamos as tablets, nas que temos instalado Aurasma,

para aprendermos sobre a vida e obra de Mª Victoria con actividades de

realidade aumentada.

 

Temos que buscar os 9 carteis no recanto coa imaxe dun can: Alma, a cadela

de Mª Victoria. Se achegamos as tablets a eses carteis...maxia!!: vemos os

vídeos explicativos que gravamos cos alumnos

 

Elixín ser galega (1º), Muller brava! (6º), Cando era nena (3º), Mar adiante

(5ºA), Leonardo e os fontaneiros (6º), Eu canto, ti cantas (Xa non teño medo (EI), Can

branco, can negro (1º), Un cachiño de bica (2º)), A brétema (5º B), A festa no faiado

(3º), E haberá tirón de orellas? (4º) 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E, para conmemorar esta importante data, tivemos o mércores dous espectáculos que mesturaron maxia, contamaxia e ciencia a cargo do Mago Paco. Para os máis pequenos, EI e 1º ciclo, ofreceunos un Contamaxias. Para os máis maiores , a actividade Maxia vs Ciencia. Estivo enormemente entretido, didáctico, participativo e , sobre todo, cheo de maxia! Os nenos pasárono fenomenal. Grazas, Paco!
 
Ó remate da segunda función,  Fátima Granja (nai de Ruth), responsable da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoranos, fixo entrega dun premio e un diploma acreditativo a tres alumnas de 5º de EP: Erea, Nerea e Uxía, pola súa participación no I Certame Escolar de Creación Dramática. Noraboa, rapazas!!