LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO

 Abril, 2018

 

 

 

Xa preto o 17 de maio, Día das Letras Galegas, aquí deixamos unha man de recursos para ir mergullándonos na vida e na obra de María Victoria Moreno Márquez, profesora e escritora en galego a quen este ano se homenaxea.

Aínda que non era galega de nacemento, decidiu quedar a vivir en Pontevedra, onde daba clases no Instituto; axiña aprendeu a nosa lingua e converteuse nunha firme defensora do noso idioma.

   "Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza.

   Se estou coa xente que amasa o meu pan

   e mais colle no mar os peixes da miña mesa,

   tamén quero falar con eles, falar a súa fala."            

                                                                   M.Victoria M.         

Mesmo deu clases de Literatura Galega en tempos moi difíciles para a lingua galega e foi das pioneiras no campo da Literatura Infantil en galego. 
   “Na ditadura non se ensinaba a lingua galega nin moito menos en galego,
   mais María Victoria Moreno dedicaba parte das clases
   de Literatura española dos venres a ensinar literatura galega,
   a que as alumnas practicasen a escrita de textos en galego”
                                                                                   Marilara Aleixandre e Fina Casalderrey
 
Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Ediorial Galaxia.
 
Premer nas imaxes para acceder ós recursos e actividades:
 
    PRIMAVERA DAS LETRAS ( da RAG)   
 
 

 

                                                                                       

 

 

FICHAS

DESCARGABLES

 ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA APRENDER XOGANDO

 

 

 

    SEMINARIO GALÁN, con actividades en liña para todos os niveis  

 

 

 

 

             FICHA E OBRA, EN EDITORIAL GALAXIA      

 

 

BIOGRAFÍA NA GALIPEDIA

 

E, como non, non deixedes de ler estes libros que atoparedes na biblioteca