SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2018-19

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para solicitar praza no colexio.

Hai que presentar:

- Solicitude de admisión, Anexo II (podedes descargala aquí).

- Fotocopia da folla de inscrición do/a alumno/a do libro de familia (traer o orixinal para compulsar)

- Fotocopia do DNI dos dous proxenitores (só se non autorizan a consulta telemática dos datos de identidade).

- Certificado oficial do expediente académico (só se solicitan praza para 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de E. Primaria)

- Sentencia de separación ou divorcio, se é o caso.

Este ano támen se pode cubrir a solicitude de admisión a través da web no seguinte enlace.

Logo hai que imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo coa documentación anterior.

Avisos importantes:

1ª. Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. Se non se fai así se perden os dereitos de prioridade que poidan corresponder.

2ª. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3ª. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Normativa relacionada

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.