DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

 

O 25 de Novembro é a data na que cada ano lembramos a todas as mulleres que continúan sendo vítimas de malos tratos, abusos e outros tipos de violencia a mans, case sempre das súas parellas ou exparellas.
É un día tinguido de morado, a cor da loita contra a violencia cara ás mulleres.
A violencia de xénero dáse en todas clases sociais, a todas as idades. Calquera muller pode sufrir esta situación nalgún momento da súa vida.

No colexio adicaremos o venres 24 a esta conmemoración. Tod@s viremos ese día ao colexio co lazo violeta prendido nun lugar visible, así deixaremos moi claro o noso REXEITAMENTO CARA Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES e o noso compromiso con MODELOS DE CONVIVENCIA BASEADOS NA LIBERDADE, NO RESPECTO E NA IGUALDADE.