UN LUGAR CHAMADO MUNDO

Maio 2017

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o venres 19  tivemos no centro a Ángeles Iglesias e Tato López, de Verdeveras Expresións Artísticas. Trouxéronnos un marabilloso conto musical, adaptación da obra  "Un lugar chamado mundo",  no que a protagonista, unha regueifeira, queda de súpeto sen palabras e emprende unha viaxe polo mundo en busca de novas historias que merezan ser cantadas e contadas. Un aviador xubilado será quen a levará de Galicia a Italia, China, Cuba e Senegal, coñecendo  historias, músicas e danzas diversas.

Este proxecto recupera a regueifa como parte do patrimonio tradicional galego, traballa sobre a multiculturalidade, as diversas visións do mundo e o coidado do medio ambiente. 

Foron encantadores. Chegaron moi cedo, preocupados de que todo saíse ben e dispostos a preparar toda a montaxe, xa que realizaron tres actuacións con grupos de distintas idades.

A actividade resultou ser creativa, lúdica e de moi bo gusto, tanto musical como a posta en escea. O alumnado disfrutou enormemente das actuacións.

Podemos escoitar neste enlace a regueifa-rap e outros temas do cd que nos deixaron e que os alumnos traballaron na aula de música. 

 

Un Lugar Chamado Mundo (Músicas)