ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 17-18

 

 

Información sobre o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 17/18.

CALENDARIO PROCESO ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 17/18

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE

(Alumnado de 6º de E.P. que vai para o IES Terra de Turonio). Deberán cubrir o anexo I que lle daremos a todo o alumnado, e entregalo na secretaría do CEIP Souto-Donas.

DO 01 AO 15 DE FEBREIRO

DATA DO SORTEO PÚBLICO A EFECTOS DE DESEMPATE.

Refírese aos empates que se podan producir en caso de que haxa que aplicar o baremo para conceder as prazas, sempre que haxa máis demanda que oferta.

ÚLTIMA SEMANA DE FEBREIRO

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES

ANTES DO 01 DE MARZO

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN. PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO.

DO 01 AO 20 DE MARZO

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDIDATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

10 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIRES DOS 2 DÍAS SEGUINTES AO REMATE DO PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

ANTES DO 25 DE ABRIL

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

ANTES DO 15 DE MAIO

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN E.I.

E EN E.P.

DO 20 AO 30 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NA ESO

DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO

NORMATIVA:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

  • Lei orgánica 2/2006, do 03 de maio.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 

 

NOVIDADE:

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de praza de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:

 

Solicitudes – Solicitudes de reserva – Crear solicitude de reserva

 

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.