VIDEO MOURA

LENDA DA MOURA

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º do C.E.I.P. Souto Donas, imos facer un graffiti nun muro do cole. Eliximos a cara da Moura, un ser de lenda típico da zona. Os meus compañeiros vanvos contar a historia.

Na parroquia de Donas hai un promontorio duns 200m de altitude, onde se asenta o castro galaico - romano de “A Pedra Moura”. Alí hai unha rocha de granito con gravados moi antigos chamados petróglifos.

As inscricións dos petróglifos representan, segundo a interpretación popular, as pegadas de dous pes humanos, un peite e unha almofía.

 

Conta a lenda que debaixo da rocha hai unha cova habitada dende tempos inmemoriais por unha moura. E que cada ano, na noite de san Xoán, sae da cova para sentarse na pedra, cos seus pes nas pegadas e os seus ollos postos na Serra do Galiñeiro, ata o nacemento do sol. Desta guisa e, mollando o peite na almofía, pasa toda a noite peiteando a súa longa cabeleira.Co día desaparece e non volve aparecer ata a seguinte noite de san Xoán.De aí, o nome do petróglifo, do castro e do lugar.