"ARTE URBANA NA NOSA ESCOLA"

Neste curso 2015/16, imos traballar nun novo proxecto titulado: "ARTE URBANA NA NOSA ESCOLA".

 

Os obxectivos que nos marcamos son os seguintes:

  1. Coñecer estas modalidades artísticas, que están enchendo de cor as rúas e parques de cidades e pobos, amosándolles distintas obras para estimular a súa creatividade, e que sexan eles mesmos quenes poidan intervir no espazo no que está ubicado o noso centro, desenrolando a súa creatividade.

  2. Coñecer a distintos/as artistas e as súas obras, así como as distintas técnicas empregadas na realización de murais, grafitis, street art, stencill e Yarn bombing.

  3. Traballar conxuntamente todo o centro e toda a comunidade educativa, nun proxecto co que pretendemos facer do noso espazo un lugar onde nos atopemos máis a gusto e máis identificados co mesmo.

 

Sempre foi o alumnado de 6º o que facía a presentación do proxecto. Neste curso a cousa cambia. O que pretendemos que fagan é a clausura. Como moitas das intervencións serán no exterior, teremos que esperar a que cambie o tempo para poder empezar.

Pedimos a colaboración das familias en todo o que sexa achegar ideas ou información sobre o tema. Temos intención de actuar sobre as árbores das escaleiras que dan acceso ao aparcamento, algo parecido a grafitis de lá. O estilo naceu en E.E.U.U. co nome de Yarn Bombing, un estilo de arte urbana que empezou fai poucos anos alí, e que se expandiu polo mundo. A idea é vestir de moitas cores as nosas árbores. Todos aqueles pais/nais que saiban calcetar, ganchillar,... e queiran colaborar, por favor que nolo fagan saber. Como si queredes incluso facer un clube de calceta.

 

Como proxecto interdisciplinar, vaise traballar tamén dende Normalización Lingüística e dende a Biblioteca, e o entroido terá tamén que ver coas cores e coa arte. Trataremos de facer cos disfraces unha composición artística-corporal, que se creará cando rematen as actuacións.

Grazas a tod@s por colaborar.

 

     

             Street  art                                            Grafiti

 

     

             Mural                                                     Stencil