CONCERTO DE LYDIA BOTANA

8 de maio de 2015

Fantástica! Así estivo a actuación que tivemos hoxe de Lydia Botana, xunto cos seus acompañantes Erika e Antón, para todo o alumnado do centro.

O concerto foi estupendo, pasárono todos xenial. Que grandes profesionais!!

Trouxéronnos un concerto didáctico, "De aquí para alá", co que viaxamos a África, Australia, China, USA, Xamaica, Brasil, os Balcáns, etc. a través da música e acompañados dunha bolboreta moi especial.

Lydia Botana, músico multinstrumentista, é unha gran artista da Coruña que, coma unha bolboreta, leva a súa música polo mundo adiante. Ten actuado por toda Galicia, na Península, en Canarias e tamén no estranxeiro, e ten tocado con diversos grupos: de rock, reggae, pop,... Compuxo cancións para Xabarín Club, está inmersa en múltiples actividades e agora ten a banda Bolboreta. (Clicade na bolboreta para saber máis sobre ela).

 

                                                                                                                                                                        

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 Aquí vos deixamos algunhas das

imaxes do concerto. 

Moitas grazas, Lydia, por este día!!

E que sigas trunfando co teu proxecto!!