SURPRISE!!

15th June 2020 

A Anaís custoulle moito marchar do noso cole, gustaríalle estar moito máis tempo con nós. Pero aquí a tedes aínda..esta é a última actividade que preparou para todos vós. Veredes que ela tamén aprendeu un pouco de castelán. Neste vídeo Anais fai un zoo e di os animais que tén nel. Isto é o que ela di:

"Here you will learn the verb “have” and how to use it in a sentence. You can draw your own zoo and tell us what animals are in your zoo! For example, In my zoo I have lions, OR, I have lions in my zoo. Both sentences are correct."

Proponvos tamén que fagades o voso propio zoo.

Esta última semana de curso seguro que xa ides un pouco cansos, así que non vos mandarei máis actividades. Iso si, podedes seguir enviándome cousas que fagades, por exemplo o acuario de 3º e 4º, o voso animal mariño preferido de 1º, 2º, 5º e 6º ou outras actividades que teñades por aí.

Quero agradecervos e felicitarvos a vós e a vosas nais e pais por  todo o traballo realizado. Espero que vos gustasen as actividades propostas e que, ademais de seguir practicando inglés, pasasedes momentos divertidos. Pola miña parte estou moi contenta polos vídeos que enviastes, polas manualidades e debuxos de Arts, e por todas as demais actividades. 

Estes días estade pendentes porque  vos deixaremos unha actividade moi chula de Arts and crafts para o verán.

Bicos!!

 

AdxuntoTamaño
5th-6th.pdf217.67 KB