Caderno Verde é un dos múltiples proxectos que dedica Sogama á divulgación da conciencia ecolóxica.
As actividades propostas queren incluír as boas prácticas medioambientais no ensino curricular desde unha perspectiva de transversalidade. Cada ficha está pensada como material de axuda para as aulas e abranguen as grandes áreas de coñecemento.
Ademais, o Caderno Verde inclúe os eco-contos da familia Trebón, destinados á etapa da Educación Infantil, así como diversas actividades en liña e descargables.
CLICADE NA IMAXE PARA ACCEDER AO RECURSO.