Skip to Content

PODEMOS REDUCIR O CONSUMO DE AUGA NO COLE?

As alumnas e alumnos de terceiro achamos que si é posible.

Para elo primeiro temos que confirmar si se gasta moita auga

Quixemos precisar canto se gasta para así facérmonos conscientes dilo. Xa que logo puxémonos co proceso de avaliación.

Imos analizar canta auga gastamos ao abrir as billas. Precisamos do seguinte material.

 

  • Un recipiente de recollida de auga cunhas medidas axeitadas para recollela nos lavabos.

  • Un medidor de capacidades graduado. Neste caso empregamos a báscula que temos na aula. Está graduada en mililitros (ml.) e ollo xa estamos a REUTILIZAR materiais.

  • Un recipiente máis grande para verter a auga que imos recoller. Xa que tamén tivemos en conta a necesidade de aproveitar esa auga.

Fixemos análises de todas as billas do cole: Baños da planta baixa tanto de alumna e alumnos como de mestras e mestres. Baños do primeiro andar e baños do patio.

Fomos recollendo a auga, medindo as capacidades.

Nas billas de premer analizamos: A cantidade gastada cada vez que prememos na billa. Así como os litros de auga bota por cada minuto.

Nas billas de tirador calculamos a cantidade de auga que botan por minuto. Para acadar os resultados tivemos que facer algúns cálculos matemáticos.

A auga extraída aproveitámola para regar as plantas, lavar as mans,... Tamén a botamos nas caldeiras para baldear o cole.

Ao final, o resultado asusta e agardemos que nos faga conscientes e nos alente a REDUCIR.

Xa que logo!

Lanzamos o noso reto!

Seremos capaces de reducir o consumo de auga no cole?

Seguindo un código de cores coñecido seguro que o faremos:

  • A billa que debemos empregar é a que ten a cor amarela. Pero ollo, sempre cómpre facer un uso responsable.

  • Cando non teñamos dispoñible a amarela acudiremos a laranxa. Facendo un uso coidadoso, premendo pouco e con coidado de non desaproveitar a auga.

  • So no caso de que sexa moi necesario (cando sexamos moitas e moitos...) acudiremos a billa co indicador vermello. Tendo moito coidado de non premer moi forte e facendo un uso responsable.

  • No caso das billas de tirador non debemos deixar que corra a auga se non a estamos empregando.

 

Apúntate ao reto. Apúntate a Reducir o consumo de auga.

 



page | by Dr. Radut