AULA MATINAL CURSO 19-20.

O martes día 11 de xuño, tivemos una reunión coa encargada da empresa EXTRAEDUCARE, responsable do servizo complementario de aula matinal. Como todos os servizos complementarios, o centro non é quen de organizalos aínda que lóxicamente media para que se poida desenvolver.

Nesta reunión,  quedou establecida una cuota mensual de 30€  para os usuarios habituais, en horario de 08:00 a 09:00, independentemente dos días lectivos que teña cada mes (1,71€/día lectivo aproximadamente para os que o utilicen tódolos días). Os que asistan de xeito esporádico  a cuota será de 4€/ día. Por usuarios esporádicos, enténdese os que fan uso do servizo  por algún imprevisto de calquera tipo, e teñén que deixar ao neno/a  na aula matinal.

A empresa esixe un mínimo de 12 usuarios habituais . Agora mismo hai 10, pero aínda así o servizo levarase a cabo. En caso de chegar a 12 usuarios, a cuota baixaría a 28€/mes.

A coidadora será Pili, que é tamén coidadora no comedor escolar.

Decir que durante o tempo que están na aula matinal, o alumnado fai actividades manuais, xogos de mesa,…

O servizo empezará o primeiro día lectivo de curso.

En canto ao horario, se algunha familia tivese  necesidade de que o servizo empezase antes das 08:00, a cuota mensual sería superior, dependendo esta do número de usuarios que o precisaran.

Todos aqueles que vaiades a facer uso, tanto a nivel de usuario habitual como de xeito esporádico, podedes recoller a solicitude de inscrición na secretaría do centro ou descargala no arquivo adxunto,  e entregala una vez cuberta o antes posible para poder facer una previsión do número de usuarios.

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE AULA MATINAL.pdf139.1 KB