AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-20.

No DOG do 20 de maio regúlase para o curso 2019-20:

 

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e E.S.O.

  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP. e para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo que necesita libros e material diferenciado.

  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria e E.S.O.

 

Preferentemente este curso débese realizar a través da SEDE  ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia.

Tamén poden recoller a solicitude na secretaría do colexio (todos os días de 9 a 10 h. da mañá) ou descargala AQUÍ e entregala no centro onde vai estudar no vindeiro curso (neste colexio de 9 a 10 da mañá), xunto coa documentación requerida.

Só se precisa unha solicitude por familia, nela se incluirán todos os/as fillos/as e todas as axudas solicitadas.

 

O prazo para solicitar calquera de estas axudas comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño (incluído).

 

  

Normativa relacionada:

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).