Complementarias

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2018/2019

DÁMOSVOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR 2018/2019.

Este ano atopamos os amigos de sempre pero tamén temos moitas caras novas (profes e compañeir@s) cos que imos compartir todas as nosas experiencias, aprendizaxes, xogos... 

Comeza un novo curso cargado de ilusións, onde esperamos aprender e ensinarnos moito uns a outros, pero onde o obxectivo principal é ser cada curso un pouquiño mellor.

 

MOITO ÁNIMOS E.... ARRANCAMOS!!!!

 

FESTA FIN DE CURSO

O mércores día 20 aparcamos libros, libretas, cadernos e demais material escolar porque despois dun curso traballando arreo, chegou unha máis que merecida recompensa:

A FESTA DE FIN DE CURSO

Xogamos a: corda, bolos, minicars, aros, saltamos nos hinchables, maquillámonos, fixemos demostracións de zumba, defensa persoal... en fin, pasámolo xenial e grazas á colaboración da ANPA.

MOITAS GRAZAS!!!

OLLADE, OLLADE!!... AS NOSAS CARIÑAS DINNO TODO!!!


 
   
PERO... ADEMAIS  DE TODA ESTA DIVERSIÓN, OS NENOS E TAMÉN OS MAIORES VIVIRON MOMENTOS DE EMOCIÓN AO DESPEDIRSE DOS COMPAÑEIROS DE 6º DE PRIMARIA QUE EMPRENDEN UNHA NOVA ETAPA
 
BOA SORTE RAPACES E RAPAZAS!!! 
 
 
 
 

E A CONTINUACIÓN... TOCA DESPEDIRNOS DE VANESA IGLESIAS, a titora de 1 e 2º de Primaria.

Os nen@s, os pais e nais quixeron agradecerlle á profe Vane o seu traballo ao longo destes anos  no CEIP de SOUTELO nun acto no que Vanesa foi fiel ao seu carácter e poucas palabras articulou salvo dar as grazas moitas veces. E,  é que... VANE, ti non precisas falar, os feitos falan por ti, e ante eles, as palabras sobran. QUERIDÍSIMA COMPAÑEIRA, estamos felices por ti, desexámosche o mellor no teu novo destino, aquí sempre estarán as portas abertas para ti, as portas do colexio, e as portas dos corazóns de tod@s nós: pais, nais, alumnado, compañeiros, conserxe e cociñeiro. 

COMPI, ti deixas pegadas en todas as persoas coas que estás!!!

 www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/06/21/calida-despedida-docente-vanessa-iglesias/1915021.html

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ÁS ILLAS CÍES

Fai unha semaniña saímos ben puntuais do cole, dirección Vigo, para coller o barco que nos levaría as Illas Cíes e alí pasamos un marabilloso e caluroso día de excursión de fin de curso.

Fomos acompañados de dous monitores e ó chegar repartíronnos para facer duas rutiñas: unha máis curta para infantil, 1º e 2º e outra máis longa para os maiores do cole...contáronnos unha chea de curiosidades que logo se puxeron en común para que tod@s as coñeceramos...

Chegou a hora do xantar e houbo que poñer moita atención porque...estaban por alí unhas invitadas moi atrevidas que ata lle colleron o bocata a algún pequeno...esas gaivotas!!!e despois de comer...tocaron os xeados, para refrescarnos un chisco, e máis tempo de xogos na praia e cos monitores...

Logo dun día tan divertido e caluroso o cansanzo xa se empezou a notar a volta no barco e no autobús, polo que máis de un e unha botaron unha cabezadiña...

A merenda paramos a tomala na carballeira de San Xurxo de Sacos e logo para a casiña a descansarrrr.

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º A MADRID

Fai unha semaniña que os nos@s maiores de 6º estaban tod@s nervios@s porque o martes, moi cedo, marchaban para a súa excursión de fin de curso a cidade de Madrid e arredores.

Foron uns días intensos compartidos cos compis de 6º dos coles de Forcarei e Cerdedo así como cos profes: Estela, Manolo e Xavi...

Mil e unha aventuras que viviron,algunha si que nos contaron claro, pero que de seguro... nunca nunca esqueceran...Segovia, Acueducto, Catedral, Madrid, Estadio Santiago Bernabeu, Parque Europa, O Rei León, a Warner, o Zoo...

Aquí vos deixamos unha presentación con algunhas fotiños que nos trouxeron...que a disfrutedes!!!

 

 

 

                                                                                   
                                                                                                                                                     EXCURSIÓN MADRID 2018
Distribuir contido