Complementarias

PROXECTO DO UNIVERSO

O alumnado de 3º e 4º está a traballar nun proxecto da biblioteca sobre o Universo.

Para comezar, pescudaron  estudaron moito sobre os planetas e fixeron esta maqueta móbil e interactiva grazas ao escaneado de códigos QR, onde eles mesmos explican algunhas curiosidades do Sistema Solar.

 

 

 

 

 

 

PODEDES ESCOITAR AS SÚAS EXPLICACIÓNS NOS SEGUINTES VÍDEOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ISTO CHEIRA A.... SAMAÍN

No centro, xa cheira a.... algo. Xa se respira e sente o TERROR!!!! 

Botade unha ollada ao noso cole....

e sede pacientes que para o venres día 2 de novembro estamos preparando unha SORPRESA!!!

 

O OUTONO REFLECTIDO NA ARTE

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria traballou durante os meses de setembro e outubro, na clase de plástica, un proxecto sobre o outono.

Buscamos información sobre o outono, a súa relación coa arte, informámonos das cores típicas das obras pictóricas que reflicten esta época do ano, falamos dos sentimentos e emocións que desperta en cada un de nós esta fermosa estación para logo buscar obras pictóricas onde se plasmaran todas estas informacións e facer cada un deles unha representación persoal.

O resultado espectacular!!!

QUE FERMOSO DEIXAMOS O CORREDOR DO 1º ANDAR!!!

 

 

 

OLLADE, OLLADE!!! 

 

SAÍDA A PONTEVEDRA DE 5º e 6º de PRIMARIA

O luns día 29, os nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria  foron a Pontevedra acompañados do profe Manolo para desfrutar do espectáculo: "De los cuentos a los cuentos" . Chegaron encantados e dixeron que lles gustara un montón!!! ...

 

Aquí vos deixamos unhas imaxes que o confirman!!!

 

 

Distribuir contido