Complementarias

MAGOSTO

O día 14 de novembro celebramos a festa do MAGOSTO.

Celebrámolo con distintas actividades: 

Os máis pequenos fixeron uns colares...

 

Cun xogo de pistas e catro equipos preparados para buscar as castañas que os profes esconderon  por todo o colexio..

 

 

E uns reñidos partidos de brilé...

 

 

 Rematamos? Si, si e coas caras todas pintadas...

 

Na galería podedes ver máis fotos.Pinchade aquí.

 

TITIRICIRCOS 1º CICLO

 O martes os rapaces/as do 1º ciclo pasárono xenial na actividade de Pontevedra:TITIRICIRCUS.

Premede en AQUI e  así poderedes ver como disfrutaron.

 


PROGRAMA EME- Emprender na miña escola-

Este ano outra novidade da que vos queremos informar é da participación dos alumnos e alumnas do 3º ciclo no PROGRAMA EME- Emprender na miña escola-.



Trátase dun programa educativo no que, durante este curso 2012-2013 os alumnos e alumnas van crear  e xestionar unha cooperativa. Van fabricar produtos e logo tamén os terán que vender, moi probablemente un día de feira en Soutelo alá polo mes de xuño.

EME favorece o desenvolvemeto de competencias asociadas á comunicación, o análise do contorno físico, a creación, a convivencia e a cidadanía, ou a alfabetización dixital. 

Esperamos disfrutar moito desta experiencia e moito ánimo rapaces/as!!!

No lateral esquerdo da páxina tedes un bloque ó que podedes acceder para saber máis.

 


SAÍDA DO 1º CICLO: TITIRICIRCUS

00/00/
Array

O martes 13 de novembro o alumnado do 1º ciclo acudirá ó Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra para disfrutar da obra teatral TITIRICIRCUS.

 

No documento adxunto podedes acceder a unidade didáctica da obra.

Como este ano, TITIRICIRCUS está de 25 aniversario aquí vos queda un vídeo do trailer promocional do documental "Titiricircus 25 anos". Agardamos que sexa do voso agrado:

Distribuir contido