Complementarias

21 DE MARZO. DÍA DA POESÍA

Alá polo 1999 a UNESCO declarou o Día 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía.

O alumnado, nesta ocasión de 4º de Educación Primaria, traballou con un poema da autora galega ROSALÍA DE CASTRO, personaxe estrela, xa que este ano se conmemora o 150 aniversario da primeira publicación do seu libro Cantares Galegos.

Como estamos en terra de gaiteiros, o poema non podía ser outro, escolleuse "UN REPOLUDO GAITEIRO".

 Despois de varios ensaios e de preparar un cartel conmemorativo o alumnado recitou este fermoso poema.



En breve, subiremos o vídeo.


DEPORTE ESCOLAR CERDEDO-SOUTELO

Desta volta, e de novo na casa o xoves 21, o noso alumnado xogou cos equipos do CEIP San Xoan Bautista de Cerdedo. A xornada estivo ben reñida e foi moi divertida que é o que conta!!! 

Ollade as fotos na galeria.

DEPORTE ESCOLAR

O día 8 pola mañá, tivemos o primeiro encontro de Deporte Escolar cos nosos compañeiros/as do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Foi unha xornada ben divertida na que os nosos rapaces e rapazas se tiveron que esforzar moito. Xogaron a fútbol, baloncesto e balonmán e os resultados foron bastante igualados. Na galería podedes ver algunhas fotos.


DEPORTE ESCOLAR

00/00/
Array

O xoves 21 de marzo toca Deporte Escolar. Desta volta, os nosos compañeiros/as de Cerdedo acercaranse ata o pavillón de Soutelo de Montes para xogar a fútbol, balonmán e baloncesto...

Ánimo para tódolos equipos!!!

 

Distribuir contido