PROTOCOLOS RELACIONADOS COA COVID-19 (ACTUALIZACIÓN)

Presentamos  a continuación os protocolos do centro actualizados ás directrices publicadas o 16 de setembro pola Consellería de Educación.

Ademais incluimos unha modificación do horario interno do centro amparados pola Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional sobre a autorización excepcional de horarios polas xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Universidades (publicada o 29 de setembro).

Tras celebrar hoxe o Consello Escolar e aprobar esta modificación queremos aclarar varios aspectos:

1º É unha modificación interna que NON AFECTA Á HORA DE ENTRADA E SAÍDA.

 Tal e como se contempla na citada resolución é unha medida excepcional e de duración limitada á situación de risco ocasionada pola pandemia COVID-19. Unha vez rematado este período o centro voltaría ao horario que está aprobado.

Non existe unha reducción da xornada lectiva, nin se condicionan os servizos de comedor nin transporte escolar.

 

 A reorganización horaria queda así:

Teremos 3 sesións de 50 minutos antes do recreo. Un recreo de 30 minutos. Ao rematar, a sesión de lectura e logo outras dúas sesión de 50 minutos, antes de ir ao comedor.

Deste xeito reducimos o tempo do recreo posterior ao comedor significativamente, por considerar que constitúe un risco, sobre todo nos días nos que o alumnado ten que permanecer dentro, debido ás circunstancias climatolóxicas. Ademais estamos aforrando  tempo nas sesión de clase ao non ter que realizar as correspondentes desinfeccións.

Para información máis detallada podedes consultar os protocolos premendo nos enlaces ou nos adxuntos:

ANEXO V: PROTOCOLO

PLAN DE ACOLLIDA 

PLAN DE CONTINXENCIA

 

AdxuntoTamaño
plan de adaptación á situación covid versión 16 setembro.pdf1.07 MB
Plan de Acollida actualizado versión 16 setembro.pdf412.54 KB
Plan de Continxencia adaptado á versión 16 de setembro..pdf278.75 KB