QUEDA NA CASA

 

Nestes momentos, todo o claustro do CEIP Soutelo de Montes, quere mandar a toda a Comunidade Educativa unha FORTE APERTA e moito ÁNIMO.

Os mestres xa se puxeron en contacto coas familias por diversas canles para organizar o traballo do alumnado no seu domicilio. Seguimos a traballar para ofrecer unha mellor comunicación e atención ás familias e xa vos iremos informando na vindeira semana.

Agradecemos a vosa colaboración e desexamos poder voltar ao centro o antes posible. Mentres agardamos ese momento...

 

QUEDEMOS NA CASA, POR FAVOR!!!