EXCURSIÓN DE 6º DE PRIMARIA A SALOU

A semana pasada as nosas alumnas de 6º de primaria emprendían unha viaxe que de seguro nunca esquecerán rumbo a Salou e arredores.

Como compañeiros e compañeiras de viaxe ía o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nosa Señora das Dores.

Moitas grazas aos mestres que os acompañaron: Manolo, Toño e Javier.

Todas as cousas que nos contaron... e as que non tamén, quedarán para sempre nos seus recordos e nos seus coranzonciños.

O que podemos compartir con todos vós son as fotos que nos trouxeron.