EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º

 

Na galería xa podedes ver as fotos da excursión...e pinchando na imaxe o vídeo que fixemos.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado venres estivemos conmemorando o Día das Letras Galegas que este ano estivo adicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Por a mañá o alumnado estivo traballando sobre a vida e obra do autor. 

Pola tarde, o alumnado do terceiro ciclo estivo lendo aos compañeiros distinta información sobre Xosé Fernando Filgueira.

                              

  

Xa pola tarde estivemos construindo un mural colectivo: "A casa das palabras galegas". Foi un traballo colaborativo e que temos exposto na entrada do cole.

 

Pola tarde tocaron xogos populares.Nesta ocasión o xogo do pano e o brilé...

                                        

 

Ollade outras fotos na galería.

EXPOSICIÓN DE FOLLAS DE OUTONO

Estes días temos na nosa biblioteca unha exposición de follas de outono. Foi o traballo dos compañeiros do cole de Forcarei. Fixemos un intercambio e podemos darlles os parabéns polos traballos tan fermosos que fixeron.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Nuns días celébrase o Día das Letras Galegas e este ano está adicado a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE.

Aquí vos deixamos uns enlaces con información e xa vos contaremos o que faremos no cole...

Distribuir contido