TRABALLO DE RELIXIÓN PARA O 3º TRIMESTRE
A profe de relixión, Puri, avisa de que o traballo da súa materia está colgado na aula virtual do centro. Hai traballo para todo o alumnado de Infantil e Primaria que teñan a materia de relixión.
Para acceder tedes que premer na esquina dereita desta páxina na pestana que pon: Aula virtual.
APARECERÁ ESTA VENTÁ E PREMEDES EN ACCESO:
ABRIRASE ESTO:
AQUÍ TEDES QUE MATER O USUARIO E CONTRASINAL DE CADA ALUMNO-A.
SE ALGUÉN NON O SABE: ESCRIBIDES UN CORREO ELECTRÓNICO A ESTE ENDEREZO E POÑEDES O NOME DO ALUMNO COMPLETO, SOLICITUDE DE CONTRASINAL PARA A AULA VIRTUAL ASÍ COMO O VOSO NÚMERO DE TELÉFONO. O CORREO É: rosaares@edu.xunta.es
UNHA VEZ QUE ENTRADES, TEDES QUE PREMER EN ACTIVIDADES NOS DÍAS DE SUSPENSIÓN:
E BUSCADES O VOSO CURSO (INFANTIL, 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou6º)
EN CADA CURSO HAI TRABALLO COLGADO DAS DIFERENTES MATERIAS.
CALQUERA DÚBIDA RELACIONADA CO ACCESO Á AULA VIRTUAL PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DO SEGUINTES CORREO ELECTRÓNICO: rosaares@edu.xunta.es
ORIENTACIÓNS PROVISIONAIS PARA O 3º TRIMESTRE
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o venres día 17 un documento no portal educativo titulado Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020.
É importante ter en conta que a Consellería especifica que está á espera da publicación da normativa estatal para elaborar un documento definitivo.
NOTAS 2º TRIMESTRE
Queridas familias:
Queremos trasladarvos unha información de interese: a segunda avaliación vaise a levar a cabo na data prevista.
Polo tanto, as cualificacións da 2ª avaliación, publicaranse o venres 3 de abril.
Comunicaranse a través da aplicación abalarMóbil.
A descarga desta aplicación (para quen non o teña feito) faise, de xeito gratuíto, dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
IMPORTANTE. Para darse de alta nesta aplicación debedes empregar os mesmos números de teléfono móbil que aparecen no expediente do/da alumno/a.
No seguinte enlace hai un vídeo explicativo da aplicación: https://youtu.be/_7SkyNklCoU
Aquelas familias que non poidan consultalas na aplicación poderán solicitalas a través do correo electrónico: ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
