SAÍDA AFUNDACIÓN PONTEVEDRA

O luns día 21 de outubro o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria desprazouse a Pontevedra para desfrutar da obra teatral" TROYA" que forma parte da axenda cultural para escolares de Afundación. Acudiron acompañados dos seus titores.

 

 

 

A obra está baseada na concienciación aos estudantes sobre un tema de actualidade moi preocupante: os fraudes tecnolóxicos.

 

Os nenos e nenas divertíronse moito causándolles, sobre todo, moita curiosidade certos temas que ían dende a HISTORIA DE TROYA ata temas máis tecnolóxicos e afectivos.

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UHA IMAXE DESE DÍA

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019/2020

 

Se premedes na imaxe poderedes consultar o calendario escolar do vindeiro curso 2019/2020

 

FESTA DE FIN DE CURSO 2019

XA CHEGOU....O REMATE DO CURSO!!!

Canto traballamos, rimos, disfrutamos, sorprendimos e sorpendéronnos, tamén nos enfadamos, choramos e sufrimos, pero en definitiva....

FOI UN GRAN CURSO 2018/2019!!!

Como todos os anos o colexio e a ANPA Meixoeiro, organizaron a festa tan esperada polo noso alumnado: inchables, chapas, maquillaxe, xogos, cochiños, demostración de zumba e como remate, para recuperar forzas, uns pinchos deliciosos...

MOITAS GRAZAS A ANPA MEIXOEIRO POR COLABORAR CO COLEXIO UN ANO MÁIS.

As imaxes deste día quedan no noso recordo e corazóns porque, coma sempre, despedimos as alumnas de 6º de Primaria que se van para o instituto. Botarémosvos en falta, pero sabemos que ides a comezar un novo período nas vosas vidas cheo de emocións, ilusións e esperanzas.

DESEXÁMOSVOS MOITA SORTE

 

Aquí vos deixamos unhas fotos deste día

 

 

 

E...SO NOS QUEDA DESEXAR A TODOS

FELICES VACACIÓNS!!!

EN SETEMBRO VOLTAMOS!!!

ENTREGA DE PREMIOS

 

Como ben sabedes, o proxecto do curso pasado que realizamos xunto co CEIP Nosa Señora das Dores e o CEIP San Xoán Bautista, recibiu dos premios.

Pois chegou a hora de recollelos e así o fixeron os directores dos tres centros e a coordinadora do Proxecto: María Abilleira.

Deixámosvos o enlace da noticia que publicou o Faro de Vigo. Para nós é un orgullo recibir estes dous premios e queremos  volver a dar as grazas ao alumnado e ás familias polo seu esforzo e adicación.

NOTICIA

Distribuir contido