Deporte escolar

Este mércores 15 levouse a cabo unha xornada de deporte e convivencia entre o CEIP Soutelo de Montes e o CEIP Nosa señora das Dores. Os deportes realizados foron fútbol sala, baloncesto e balonmán. Grazas a todo o alumnado pola súa participación. 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 DE FEBREIRO)

Con motivo do día de Rosalía de Castro levouse a cabo a creación dun mural seguindo o movemento artístico:"pop art". Neste mural tamén se expuxeron diferentes pistas sobre Rosalía que serviron para respostar a moitas das preguntas feitas nun pasapalabra. Ademais, dende cada aula, investigouse sobre a biografía de Rosalía e fixéronse múltiples actividades e xogos. 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23-24

 

ADMISIÓN ALUMNADO

CURSO 2023/2024

Comezo do proceso de admisión de alumnado (do 1 ao 20 de marzo) para o vindeiro curso 2023/2024.

Instrucións:

Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.

Forma de presentación das solicitudes:

   A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

   Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

   Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Enlaces de interese:

Admisión alumnado

Sede electrónica

Modelo solicitude ED550B (galego)

Modelo solicitude ED550B (castelán)

 

Documentación a presentar coa solicitude:

Anexo II + Anexo II bis (DOGA, nº 212, 8 de novembro de 2022 ).

Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).

No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.

 

De ser o caso:

 

Documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 

No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.

 

 

Listaxe provisional de admitidos: 25 de abril 

Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio 

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

ENTROIDO 2023

 IMAXES DOS DISFRACES DAS NOSAS AULAS.

PREMEDE SOBRE OS BOTÓNS + PARA VER AS FOTOS

 

 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO DESTA MÁXICA FESTA:

 

MOITAS GRAZAS Á ANPA POR COLABORAR CON NÓS NESTA DIVERTIDA E TRADICIONAL FESTA

Distribuir contido