DÍA DA PAZ 2019

Como xa ben sabedes o día 30 de xaneiro celébrase:

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 


No CEIP de Soutelo, este ano o alumnado estivo traballando no 1º trimestre o libro: “20.000 leguas baixo os mares”.

 

Escollemos oracións, expresións, situacións do libro e escribímolas na silueta do Nautilius (submarino do libro).

 

Distribuimos os submarinos polas distintas aulas, e cada neno ou nena, escribiu unha palabra ou oración curta sobre o que lle inspiraba o fragmento que lera. As palabras a favor da Paz puxéronas na silueta dun peixe de cores cálidas; e as inspiracións contrarias á Paz, en peixes de cores frías. Cada alumno e alumna decorou o seu peixiño.

 

O resultado final foi que o venres cada alumno e alumna levou o seu peixiño ao noso mar (un mural) pero...antes de comezar, tivemos que matinar un pouco, xa que o título do mural era un xeroglífico que había que descifrar. De seguida, entre todos, conseguímolo!!!!

 

O alumnado de 5º e 6º tamén nos recitou uns fermosísimos  poemas da Paz escritos en galego.

ASÍ ESTABA O MURAL ANTES DE COMEZAR:

 

MURAL DA PAZ

 

 

 

 

 PERO... SE OLLADES ESTE VÍDEO VEREDES COMO QUEDOU AO REMATAR, E TAMÉN ESCOITAREDES RECITAR UNS FERMOSOS VERSOS QUE FALAN DE PAZ

 

 

 
 
 
 
 
 
Pero, ademais, o alumnado do CEIP de Soutelo, tamén navegou en barco, na procura de máis PAZ.
Desta vez, o porto foi a aula de Relixión e o Capitán:
 
A PROFE PURI!!!
 
Con un faro tan fermoso, será moi difícil perderse neste mar.
 
 
BO TRABALLO, MARIÑEIROS!!!

OS BOLECHAS MOSTRAN OS VALORES DA CONSTITUCIÓN

Coincidindo coa semana na que celebramos o día da Paz, o noso alumnado, desprazouse a Forcarei para compartir co Ceip Nosa Señora das Dores, unha xornada moi divertida onde os Bolechas lles mostraron ao alumnado e profesorado, unha chea de valores que están presentes na Constitución. Aprendemos moito e botámonos unha boas risotadas.

Esta actividade está dentro do programa FalaRedes e o se título é:"Terrícolas igualiños igualiñas".

O programa non se limita ao día da actuación, xa que hai xogos  e a posibilidade de participar nun concurso onde o premio serán lotes de libros dos Bolechas. Poderedes entrar premendo no seguinte enlace:

XOGOS E CONCURSO

 

Moitas grazas ao Ceip Nosa Señora das Dores por ser tan bo anfitrión e tamén á Consellería de Educación que nos brindou esta oportunidade.

 

CROSS 2019

Hoxe iniciamos o plan XOGADE coa actividade de CROSS.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria xunto con  varios mestres do colexio desprazámonos a Caritel para participar con outros moitos centros da zona.

Os nosos nenos e nenas esforzáronse ao máximo acadando moi bos resultados e algunha medalla tamén.

Moitas grazas pola ilusión e o esforzo que sempre poñedes!!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que dan boa conta desta xornada de Cross.

 

NADAL 2018

Como xa é tradición no noso colexio, o día 20 de decembro celebramos o festival de Nadal.

Este ano o programa foi o seguinte:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: 

A las 12 de la noche/ O lobo e os tres porquiños.

  • 1º/2º de PRIMARIA:

Los caballos del tiovivo/ARAM SAM SAM

  • 5º/6º de PRIMARIA:

Big big world/We wil rock you

  • 3º/4º de PRIMARIA:

No dudaría/Peer Gynt

  • 5º/6º de PRIMARIA:

Os Valores

  • Todos os cursos:

Mix de Panxoliñas en inglés.

  • 3º/4º/5º e 6º de PRIMARIA:

OBLADÍ-OBLADÁ QUE LEDICIA!!! (versión en galego)

 

O resultado, coma sempre, espectacular xa que contamos con grandes artistas entre o noso alumnado. Ese día, ademais tamén tiñamos os  mellores animadores, os que aplauden con máis brío, que son, por suposto, as familias.

Moitas grazas a todos e todas  por acompañarnos un ano máis.

Aquí vos deixamos dous vídeos onde podedes ver ou lembrar as diferentes actuacións e postas en escena.  

 

 

 

Distribuir contido