ENTROIDO 2019

E... POR FIN... CHEGOU: "O ENTROIDO"

Este ano o Entroido non chegaba máis... pero ao final o 1 de marzo puidemos disfrutar desta marabillosa festa, e ademais o tempo permitiunos facer o xa tradicional desfile polo pobo. Estivemos cos veciños e veciñas, que como todos os anos saen das súas casas e negocios para vernos e regálannos caramelos e chuches.

Unha vez na praza, tomamos un chocolate quentiño que estaba boísimo, grazas a ANPA.

A temática deste ano estivo relacionada co proxecto que estamos a traballar sobre os mares e océanos: "MERGÚLLATE NA BIBLIOTECA".

EDUCACIÓN INFANTIL: POLBOS

 

1º e 2º de PRIMARIA: PEIXES

 

3º e 4º de PRIMARIA: MEDUSAS

 

5º e 6º de PRIMARIA: BUZOS

 

TODOS XUNTIÑOS NA PRAZA 

 

AQUÍ TEDES UN VÍDEO CON MÁIS FOTOS

 

 

OS BOLECHAS: RAEE

O 25 de febreiro recibimos unha visita fantástica:

"OS BOLECHAS"

 

Esta vez, viñéronnos a contar que son os RAEE: Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos.

 

Ademais de aprender un montón, pasámolo xenial, cantamos e rimos moito. Aquí vos deixamos un enlace á páxina web, para que teñades máis información sobre este tema que tanto nos debería importar, e así poderedes convertirvos en superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.

 

PREMEDE NO ENLACE E PODEREDES PERTENCER AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS E MESMO TER O CARNE DE SUPERHEROES RAEE:

 

OS ELECTRECOS- BOLECHAS

 

E.. ollade, que ben o pasamos!!!

 

 

 

SAÍDA 15 DE FEBREIRO: MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O día 15 de febreiro saímos do cole pola mañá e voltamos á tardiña. Esta saída está relacionada co proxecto que estamos a traballar este ano sobre os mares e océanos: "MERGÚLLATE NA BIBLIOTECA". Pero non regresamos igual que marchamos. Nas nosas cabeciñas, trouxemos un montón de información que recibimos a través de todos os nosos sentidos: vimos moitas cousas, escoitamos relatos e informacións sorprendentes, tocamos e experimentamos, cheiramos e degustamos unha comida na compaña de todos os compañeir@s e profes. E tamén sentimos extraordinarias sensacións.

Pero... olládeo vós mesmos.

 

PRIMEIRA VISITA DA MAÑÁ: A DOMUS OU CASA DO HOME

 

 

PRIMEIRA VISITA DA TARDE: AQUARIUM OU CASA DOS PEIXES.

 

 

"> 

 

SEGUNDA VISITA DA TARDE: CASA DAS CIENCIAS (PLANETARIO) 

 

 

 

PROXECTO XOGADE: FORCAREI-SOUTELO

Despois de arrancar o proxecto "XOGADE" co xa tradicional CROSS, comezamos as competicións intercentros.

O xoves día 21 de febreiro acudimos a Forcarei, onde competimos moi ben e pasámolo xenial cos nosos compañeiros, amigos e veciños de Forcarei.

Aquí quedan unhas fotos para o recordo:

Distribuir contido