Skip to Content

Aula Virtual Solanas

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Inglés

Titorial de acceso a Edmodo

04/04/2020
Europe/Madrid

 

 

Morning!  Bos días!

 

A pesar de que a maioría estades conectados ás clases virtuais de inglés a través de Edmodo, deixóvos este vídeo por se alguén ten algunha dúbida ou dificultade para acceder a esta plataforma educativa. 

 

Saúdos!

A profe na casa

27/04/2020
Europe/Madrid

 

Boas a tod@s! 

Dende o cole seguimos tratando de facilitar as comunicacións entre alumnado, familias e profesorado, e por iso deixo á vosa disposición a seguinte conta de correo electrónico para que sexa mais doado achegar traballos e dar resposta ás vosas dúbidas. 

teacherveroathome@gmail.com

 

 

Recordade que tamén podedes contactar conmigo a través de Emodo, TokApp e Padlet. 

 

Un saúdo!

Actividades para infantil

04/05/2020
Europe/Madrid

 

Boas, 

Achégovos os enlaces das actividades de inglés para 4º e 5º de infantil. Están publicadas na plataforma Padlet. Fai click sobre as imaxes para acceder directamente a cada grupo clase. 

Recordade que cada martes atoparedes novas actividades de inglés.

Grazas pola vosa participación e espero que as actividades propostas sexan do agrado dos vosos/as pequenos/as. 

 

 

4º infantil: Unha clase con abrazos de oso       infantil: O paraíso tropical

                                     

 

Aula Virtual de Inglés

15/03/2020
Europe/Madrid

Hello everybody! Ola a tod@s! 

Durante os próximos días impartirei as clases de inglés dende a miña aula virtual en Edmodo. Esta é unha plataforma educativa gratuita á que poden acceder tanto alumn@s como familias a través dun código. A continuación tedes unha listaxe cos códigos de acceso segundo as diferentes clases e cursos:

K3 (Infantil 3 anos): f479xb

K4 (Infantil 4 anos): ei8zfp

K5 (Infantil 5 anos): uvd63n

1ºEnglish: 4mrn62

2ºEnglish: 6n3r84

3ºEnglish: hrpvds

4ºEnglish: ciek3h

5ºEnglish: bagsci

6ºEnglish: jsfk74

 

Para rematar, achégovos a dirección web desta plataforma:

https://new.edmodo.com

 

See you at my online class! Guiño

 

 

Actividade CLIL

     
   
     

Outdoor games

     
  O venres, 3 de maio, organizáronse xogos en inglés no exterior co fin de que @s nen@s practicaran nesta lingua.  
   
     

Easter Eggs Hunt 2019

     
  O venres 12 de abril tivo lugar a Easter Eggs Hunt, organizada polo departamento de Inglés, onde todo alumnado buscou os ovos de Pascua chocolate.  
   
     

Inglés

     
     
     

Thanksgiving 2018

       
 

Celebración da Thanksgiving (Día de Acción de Grazas).

O alumnado de primaria elaborou conxuntamente un gran mural sobre a orixe desta conmemoración americana durante as súas clases de inglés e Plástica (plurilingüe) e os de 6º fixeron un traballo de investigación sobre a mesma e acudiron as demais aulas para explicárllelo.

 
 
 
     

SanPatrick's Day

     
 

 O día 17 de marzo celebrouse o Saint Patrick's Day. O tempo non acompañou pero en Solanas non nos queriamos quedar sen a nosa celebración e a aplazamos para o martes 20.

Foi todo un éxito!

 
     
 
 
     
Distribuir contido


by Dr. Radut