Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de actividades Complementarias e Extraescolares

SAÍDA AO CODESAL. De 1º a 5º de primaria

O Club Codesal convidounos a pasar unha mañá nas súas instalacións: pasámolo xenial.

Moitas grazas polo convite.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

VISITA DO CLUB CICLISTA O ROSAL AO ALUMNADO DE INFANTIL

O Club Ciclista o Rosal viu a pasar unha xornada co alumnado de infantil. Crearon no pavillón unha xincana con obstáculos e circuitos.

Preme na fotografía para ver o vídeo.

FERIA INNOVART 2023 de ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas.

A feira foi un evento de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, coa exposición de material divulgativo e actividades interactivas como obradoiros, concertos de música ao vivo e conferencias. 

O alumnado de 3º a 6º de Primaria poido coñecer ensinanzas artísticas que se realizan nos diferentes conservatorios, escolas de idiomas e institutos de toda Galicia.

Entroido en Solanas 2023

        
   Xa está aquí o entroido e con él as ordes do noso Meco-espada.   
     
  Luns: "Ven dereito dende a cama e trae pixama"
 
     
 

Martes:Tod@s namorad@s - de vermello - e con corazons pintados"

 
     
  Mércores: "Cada un/unha ao seu xeito, un peiteado tolo e mal feito"   
     
  Xoves: "Con orellas e rabo, andarás ordornado"
 
     
 

Venres: É a túa eleción! Hoxe mola mogollón!

Ademáis teremos merenda de doces do entroido.

 
     

 

             PREME NA FOTO E PODERÁS VER A NOSA SEMANA DE ENTROIDO 2023                                           
     
 
     

ENTERRO DO MECO ESPADA 2023

FUTUR@S ENXEÑEIR@S

No patio... xurden a imaxinación e destrezas do noso alumnado.

Festival de Nadal 2022

        
 

Tardamos un chisquiño, pero por fin tedes dispoñible o festival de nadal deste curso.

Esperamos que o disfrutárades tanto como a nós!

 
     

VISITA A AVELAIÑA DO ALUMNADO DE 3º PRIMARIA

A Asociación Avelaiña convidounos a unha xornada de convivencia nas súas instalacións para facer obradoiros con eles. 

Moitas grazas polo bo rato que pasaron os nenos e nenas de terceiro de Primaria.

MAGOSTO 2022

O 11 de novembro, Día de San Martiño, festexamos o magosto:

_ Papamos bocatas de chourizos e castañas.

_ Exposición oral de ditos, refráns e adiviñas galegas de outono.

_ Xogos populares.

SAMAÍN. HALLOWEEN 2022

DIXITALWEEK 2022

A DIXITALWEEK é un programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais dirixido ao alumnado de 6º de primaria.

Os nosos nenos e nenas estarán en réxime de internado, nunha quenda desde o domingo 23 ao sábado 29 de outubro, en Bergondo.

Distribuir contido


by Dr. Radut