Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Biblioteca Creativa

NOVO PINCHI EN BIBLIOSOLANAS

BIBLIOTECA CREATIVA: 3º CICLO EN BIBLIOSOLANAS

O alumnado do 3º ciclo tivo diferentes sesións para traballar con LEGO e con placas makey makey:

  • O obxectivo de traballar con LEGO é "aprender facendo". Nesta actividade os nenos e nenos tiñan que construir animais seguindo os pasos dados nas instrucións.
  • As placas makey makey permite converter obxectos cotiás en paneis dixitais. Empregamos o grafito (da punta dos lápis) como conductor de electricidade en dúas actividades: un piano e nunha viñeta con diálogos.

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos.

ANIMAIS CON LEGO EN 5º PRIMARIA ANIMAIS CON LEGO EN 6º PRIMARIA
 
 PLACAS MAKEY MAKEY 5º + 6º B PRIMARIA  PLACAS MAKEY MAKEY 6º A PRIMARIA
   

BIBLIO CREATIVA. REMATE DE BOLSIÑAS

Por fin rematamos as nosas bolsiñas: decoración e cosido final.

Preme na imaxe.

DÍA DO XOGO INFANTIL: XOGOS DE MESA EN GALEGO. 30 de maio

O 30 de maio é o Día do Xogo Infantil e para festexalo os equipos de Biblioteca, Dinamización Lingüística e Patios Dinámicos convidaron as rapazas de Brazolinda a visitarnos cos seus xogos de mesa en galego: "por unha educación baseada no xogo".

O alumnado de infantil e primaria estivo xogando na biblioteca con estes divertidos xogos.

PREME NAS IMAXES.

INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
   

PRIMEIRAS MÁQUINAS CON LEGO EDUCATION

O alumnado de 5º de educación primaria traballou con engranaxes facendo unha buxaina, un debuxo máxico e unha troqueladora, co kit de máquinas simples de LEGO Education.

Preme nas imaxes para ver o vídeo.

OBRADOIRO DE COSTURA: CREACIÓN DUNHA BOLSIÑA

Continuamos coa creación das nosas bolsiñas.

Preme nas fotografías para ver os nosos traballos.

Parte I. Preparar o cosido da tea. Parte II. Primer cosido coa máquina de coser.
   

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA 2023.BIBLIOTECA CREATIVA

Coa estrea dunha nova sección en BiblioSolanas... obradoiro de costura co alumnado de Proxecto Competencial de 5º e 6º de Primaria.

1º xornada:

Punto bastilla

2º xornada:

Cosemos un botón

   

 

 

OBRADOIRO CREATIVO CON PABLO OTERO. BIBLIOTECA CREATIVA

Este ano seguimos dentro do programa Biblioteca Creativa e levamos a cabo unha formación co alumnado a cargo de Pablo Otero.

Nesta formación tivemos dous obradoiros; un co alumnado de 5º de primaria e outro co de 3º primaria para ver a súa capacidade de crear obras artísticas.

Xa o podedes ver no seguinte vídeo.

 

SAÍDA E ACTIVIDADE DA PRIMAVERA 2023

O alumnado de educación infantil, coa colaboración do alumnado de 5º de primaria, fixo esta actividade tan xenial.

Primeiro saímos a recoller flores para despois ter unha actividade creativa conxunta.

Preme nas fotos e verás o resultadoGuiño.

Saída ata praía de Fedorento para recoller flores. Actividade colaborativa e creativa: construímos bolboretas con flores

DÍA DA LINGUA MATERNA: 21 de febreiro

O equipo de Dinamización Lingüísitca, coa colaboración do equipo de Biblioteca, nos presentan esta actividade tan lúdica ao tempo que reinvidicativa xa que con esta celebración anual festexarmos a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta.

O alumnado tiña que escoller unha palabra en galego e representala con LEGO.

Aquí podedes ver os resultados. PREME.

Clases de 3 e 4 anos

Clase de 5 anos

Clase de 1º primaria

Clase de 2º primaria

Clase de 3º primaria

Clase de 4º primaria

Clase de 5º primaria

 

Clase de 6º primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut