O programa Navega con Rumbo consiste na realización de charlas informativas para o alumnado, profesorado e familias nos centros educativos a cargo de especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia. Nestas charlas abordaranse os usos positivos da rede e daranse estratexias para previr posibles riscos; seguridade na rede, previr o ciberacoso e outros riscos derivados do mal uso de internet e das redes sociais...
O Centro de Información a Muller (CIM) de A Guarda nos trouxo o seu obradoiro "Lentes Diverxentes" para traballar aspectos relacionados coa violencia de xénero.
O alumnado de 5º de Primaria traballou aspectos coma: estereotipos por xénero, consentimento, machismos...
Con motivo do Día da Paz pedimos ao noso alumnado que escribíse nunha pinga de auga desexos do boas accións para eles/elas, os seus/súas compañeiros/as...para todo o mundo.
O 20 de novembro é o día adicado aos Dereitos dos nenos e nenas. Este ano cada titoría traballou na clase un dereito relacionado cun ODS: " OBXECTIVOS DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E DEREITOS DA INFANCIA".
Dende 3 anos a 6º de primaria traballaron: dereito a educación, a igualdade de xénero, a un mundo sostible. a paz, a unha alimentación saudable...
Nun acto xuntos mostramos ao resto de compañeiros e compañeiras o noso mural expositivo e o significado de cada dereito.
O 17 de novembro é o Día de Smith Magenis. Este ano o alumnado de Solanas crea un vídeo ensinando porque este síndrome é considerado unha enfermidade rara.