O alumnado de 5º de educación primaria traballou, dentro da materia de ciencias da natureza, cun caderno de campo da contorna de Solanas.
Os cadernos de campos son instrumentos de observación do medio natural.
Os nenos e nenas de 5º, tiñan que explorar a contorna do noso colexio e investigar sobre a súa fauna e flora, indicando as características dos animais, moluscos, plantas, algas... que foran atopando.
O equipo medioambiental convidou ao coello Oreo a pasar este curso 2022-2023 nas instalacións do noso colexio. Terá un espazo adaptado as súas necesidades e será coidado por todo o noso alumnado.