AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

Publícase no D.O.G. a Orde do 29 de abril de 2022 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto (3º,4º,5º e 6º) e se convocan axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º) e material escolar para o alumnado de primaria.

Prazo: dende hoxe ata o 22 de xuño, incluído.

Pódense facer as solicitudes na páxina:Portada - Sede Electrónica - Xunta de Galicia ou no colexio.

No caso de facerse on line é unha solicitude por neno/a. No colexio, en formato papel, unha solicitude para todos/as irmáns/ás rescolarizados no centro.

Acceso aos formularios:  fondolibros (xunta.gal)

(Toda a información e a documentación a presentar está na citada Orde).