SEMANA DA PRENSA

 Na titoría traballamos cos xornais. O mes de abril está especialmente adicado ás letras coa semana da prensa e do libro.

DiSCAPACIDADE E PARAOLIMPIADAS

  Reflexionamos sobre a discapacidade e as paraolimpiadas co lema do mes de marzo.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo conmemórase esta data. Na titoría estivemos reflexionando sobre os avances que as mulleres tiveron na consecución de dereitos e do que falta por percorrer xa que en todos os paÍses non están acadados. Pensamos que temos que lembrar estas inxustizas para que non se repitan e todos avancemos.

Reflexionamos sobre a importancia das mulleres das nosas vidas, e cos seus nomes fixemos un póster que temos colgado xunto a nosa percha para lembralas cada mañá ao comezar a xornada.

 (Clica na imaxe para ver o vídeo)