« Novembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Pais/Nais

 Taboleiro ANPA
 menú marzo 2017
 
 
 
Taboleiro ANPA 

 

Iniciar sesión

Novas

4ª Acampada na Sobreira

Resultado de imagen de acampada niños

 Acampada o venres 9 de Xuño

a partir das 18:00h 

  Tarde de xogos e Acampada de Convivencia proxectada para o Venres 9 de Xuño no recinto escolar!!!.

Festival Extraescolares 2017, venres 2 de xuño ás 17h

O vindeiro Venres 2 de xuño a partir das 17 h. convidámosvos a todos a vir o colexio para aFesta das Actividades extraescolares, onde  veremos as exhibicións de Taekwondo, Baile Moderno, Patinaxe, Intelixencia emocional e Ximnasia Acrobática.

 Ademáis durante toda a tarde os pais dos nenos da excursión de 5º e 6º, montarán un bar para recadar diñeiro para a viaxe. Animádevos a colaborar con eles.

Tamén recordarvos que o último día de actividades extraescolares é o mércores 31 de maio, excepto piscina que é o luns 12 de xuño.

3ª Acampada

 Acampada o venres 10 de Xuño

a partir das 17:30h 

 

 

Resultado de imagen de acampada niños

 

Tarde de xogos e Acampada de Convivencia proxectada para o Venres 10 de Xuño no recinto escolar!!!.

Acampada aprazada

Acampada do venres 12 de Xuño , queda aprazada para o venres 19 de Xuño

 

Resultado de imagen de acampada niños

Debido as previsions meteorolóxicas a Acampada de Convivencia proxectada o Venres 12 de Xuño no recinto escolar, queda aprazada para o próximo venres 19, último día do curso. 

I FESTA DO XADREZ EN VIGO

20/06/2015 12:00
Atlantic/Bermuda
TORNEO DE XADREZ INTERESCOLAR
Data: Sabado, 20 de Xuño de 2015.
Local de Xogo: Real Club Náutico de Vigo.
Inscricións: Ata as 20:00 horas do 18 de xuño de 2015 en xg@xadrezgalego.net, lucena@xadrezgalego.net, 986 260 259 ou 653 661 684.

 

Poderase xogar ao xadrez (torneo e partidas con maestros) e ademais están programadas outras actividades lúdicas, educativas e deportivas (manulidades, cine, concursos...). Tamén haberá agasallos para todos/as os/as nenos/as que participen e premios para os/as que xoguen o torneo.

 Un saúdo.

LOTERIA NADAL

LOTERÍA NADAL DA ANPA

Nº 55100

Xóganse 4€ e donativo 1€

Á venda na ANPA ou en Secretaría.

FESTA EXTRAESCOLARES venres 6 xuño, 17h.

 Prezadas familias, queremos lembrarvos que este venres 6 de xuño a partir das  17h celebraremos a Festa de Actividades Extraescolares, a que estades todos convidados.

Haberá actuacións de Taekwondo, Baile Moderno e Ximnasia Acrobática, e ao finalizar uns pinchos para todos. Durante toda a xornada teremos un posto de venda de bebidas, a prezos populares.

Vémonos, saúdos.
A Xunta Directiva

ACTIVIDADES CURSO 2014/15

 

Adxunto tendes as circulares coas actividades e comedor para o vindeiro curso 2014/15 e unha nota informativa, xa llas mandamos este venres 23 de maio aos rapaces.

 

 Listaxe Actividades extraescolares 14/15

Temos un erro na Actividade de Artesanía no referente ao horarío, este será de hora e media, o mesmo que a maioría das actividades Luns de 16:00h a 17:30. Perdoade, pero por máis que repasamos os papeis unha e outra vez sempre se nos escapa algunha cousa.

Por outra banda xa temos colgados os programas de Artesanía (  Programación Artesanía) e ConstrucTechnic (  Programación Construc-Technic) na web, no apartado de descargas. Calquera dúbida consultádenos, un saúdo.
  
Un saúdo.
ANPA