« Agosto 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Pais/Nais

Iniciar sesión

Admisión Alumnado curso 2017-18

 Listas DEFINITIVAS de admitidos para o curso 2017/18

 

 

 

 

 Descargar ANEXO III-1 Formalización de matrícula Educación Infantil e PrimariaPdf Icon Png Pdf zum download

Descargar ANEXO II Solicitude de Admisión de alumnado en Centros docentes sostidos con fondos públicosPdf Icon Png Pdf zum download

  MAPA ZONA ADSCRICIÓN SOBREIRA Pdf Icon Png Pdf zum download

 

LEXISLACIÓN QUE REGULA O PROCESO:

 Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG) 

 Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Para o alumnado que xa está matriculado

Artigo 9. Garantía de permanencia no centro docente

 

1.    O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garan­tida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

 

Disposición adicional segunda.

O alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que forma­lizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do mes de maio de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

 

Para novo alumnado

Artigo 15. Prazo de presentación da solicitude de admisión

O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos os dous inclusive.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito­ras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

Artigo 30. Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas e reclamacións

1.      Á vista das solicitudes de admisión presentadas, e unha vez determinada a puntua­ción resultante de aplicar os criterios de baremo, se é o caso, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web a relación nominal

2.      As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publica­ción 

 

Artigo 31. Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas

 A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados publicarán no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web, antes do 15 de maio de cada ano, as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, 

Artigo 40. Formalización da matrícula

Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes:

 

Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.