Coroa de Nadal

Estimadas familias, como xa é habitual, pedimos a vosa colaboración, se queredes, para facer unha manualidade xuntos.

Para isto as vosas fillas e fillos levan un prato de cartón para facer unha coroa. Podedes empregar calquer material e moita imaxinación.

Non esquezades cortar o centro e poñer un cordel para colgalas do teito.

Podedes traela en canto a teñades feita.

Moitas grazas!!