Arriba a creatividade (e as manualidades)!

SOCIAIS: DESEÑA UN PLANETARIOmay. 18, 9:30 - may. 25, 14:30

 

 

 

Utilizando materiais que teñas pola casa, crea e elabora un planetario onde se vexa a posición de cada planeta, satélites, etc.; e, se se che ocorre algunha forma de que se vexan os movementos de rotación e translación, sería estupendo.

Tamén acepto dramatizacións onde se vexa o movemento da Terra e a Lúa fronte ao Sol. É dicir, nas que unha persoa faga de Sol, outra faga de Terra e outra faga de Lúa e imiten os diferentes movementos e o que se producen con eles (ano, noite/día...).

O obxectivo? Repasar este tema de sociais dunha forma máis dinámica e divertida.

Recibirei todas as vosas fotos e vídeos ao longo da semana e farei unha presentación con todos os que me enviedes.

É obrigatorio? NON, coma todo o demais. Cada un/unha fai o que poida. Outra SUXERENCIA e POSIBILIDADE para repasar é que fagades un breve resumo das ideas principais do Sistema Solar, a modo de presentación, esquema, mapa conceptual...

PRAZO: do LUNS 18 ao LUNS 25.

IDEAS na rede:
https://www.youtube.com/watch?v=Zq3EF7ZYv6c
https://www.youtube.com/watch?v=GhYKKaCKqm0
https://www.youtube.com/results?search_query=planetario+manualidad

POR ESTE TRABALLO REALIZADO E ENTREGADO (fotos e vídeos) DAREI 1O PUNTOS.