Skip to Content

Comunicación ás familias

Estimadas familias:

    Ante a avalancha de información tanto nas redes coma na tv, queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade a toda a comunidade educativa. En primeiro lugar agradecer a todas as persoas que permiten co seu traballo que o resto dos cidadáns poidamos respectar o confinamento. Moitas grazas a sanitarios, traballadores da alimentación, transportistas e todas e cada unha das persoas que seguen a traballar para manter a normalidade nos nosos fogares.  

  Nestes momentos no que o prioritario é preservar a saúde e axudar a curar queremos desde o claustro de profesores do colexio Sobreira enviar unha aperta (virtual, claro) a todas as familias dos nosos alumnos e un saúdo moi especial a todos os rapaces aos que botamos de menos e esperamos non tardar moito en volver a ver en persoa.

A día de hoxe estas son as novas confirmadas que temos no centro:

1º. Mantense a 2ª Avaliación que se deu por rematada o 13 de marzo e non se avaliarán novos contidos nin as tarefas realizadas durante estes últimos días de confinamento. No centro cremos necesario animar aos nen@s e valorar o esforzo que fixeron.  En días sucesivos informaremos da data na que serán subidos os resultados da avaliación e que poderedes  ver no Abalar móvil.

2º. De momento non sabemos como se vai artellar a 3ª Avaliación, tan só contamos co compromiso público da ministra Isabel Celáa de reducir contidos e competencias. Compromiso compartido pola Conselleria de Educación da Xunta  de Galicia.

3º.   Mantense o calendario escolar o que significa que as vacacións de Semana Santa comenzan o venres día 3 de abril. Nestas datas non se enviarán tarefas escolares para casa agás unha soa proposta por curso para todas as vacacións.

Esperamos ter dado resposta ás dúbidas máis urxentes e quedamos a vosa disposición no correo do centro ceip.sobreira.valadares@edu.xunta.es (en horario continuado) e no teléfono do centro 986468189 en horario  de 10 a 13h. Calquera dúbida que querades resolver co Departamento de Orientación ou con algún mestre en concreto, podedes facelo a través do correo do centro e o equipo directivo  trasladaralle a consulta a quen corresponda. 

Un saúdo e moito ánimo. 

 



page | by Dr. Radut