Skip to Content

Información para as familias

Estimadas familias:

Durante o tempo que dure esta situación de confinamento nos nosos fogares o profesorado do centro imos subir a este espazo web algunhas orientacións sobre o traballo na casa cos vosos fillos. Non se trata de tarefas obrigatorias nin deberes, senón de ligazóns de interese e actividades de repaso para facer con eles. 

En liñas xerais o alumnado de Primaria debería ler cada día un pouco ( a ser posible algún contido dos libros de texto), escribir un pequeno resumo, texto, conto ou nova e realizar algunhas operacións matemáticas sinxelas adaptadas a cada nivel. Os alumnos de 3º/4º/5º e 6º poden usar os libros como guía na realización das tarefas. É conveniente que fagan os traballos escritos nun caderno ou en folios gardados nunha carpeta para mellor organizarse. O obxectivo é que non perdan o ritmo de traballo e que se axusten a un horario regular na medida do posible. 

Moito ánimo e moita paciencia xa que somos conscientes da dificultade de manter illados a rapaces tan pequenos. Seguiremos en contacto a través desta web e do Abalar móbil.

 Un saúdo 



page | by Dr. Radut